Executiva municipal de Ourense Memoria Democrática ourense

A Comisión Executiva Municipal e XX. SS. organizan un acto en homenaxe ás vítimas exiliadas do franquismo e a guerra civil

A COMISIÓN EXECUTIVA MUNICIPAL DO PSDEG DE OURENSE ORGANIZA XUNTO A XUVENTUDES SOCIALISTAS UN ACTO PARA HOMENAXEAR ÁS VÍTIMAS DO EXILIO FRANQUISTA

Terá lugar mañá, ás 19.30 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel e que contará coa intervención do secretario de Memoria Histórica, Xosé Lois Carrión, e o secretario de Organización, José Ramón Morgade

Proxectaráse o documental Exilio (producido por TVE e a Fundación Pablo Iglesias no 2002), cuxa entrada será de balde ata completar aforo, e tamén se dará lectura a poemas escritos por exiliados

Ourense, 7 de maio de 2024. Medio millón de persoas víronse obrigadas a abandonar España por mor do triunfo das forzas franquistas apoiadas por tropas nazis e fascistas. “Estes exiliados dispersáronse por diferentes países, principalmente en Europa e América”, lembra o secretario de Memoria Histórica da Comisión Executiva Municipal (CEM) do PSdeG de Ourense, Xosé Lois Carrión.

Mañá, 8 de maio, conmemórase o Día de Homenaxe ás Vítimas do Exilio segundo establece a lei de memoria democrática, no seu artigo 8, aprobada no ano 2022 no noso país. Esta data coincide coa vitoria definitiva das tropas aliadas que puxo fin á II Guerra Mundial e que se conmemora como «Jour da Victoire» (Día da Vitoria).

É por elo que dende a propia CEM e as Xuventudes Socialistas de Ourense, xunto coa colaboración da Fundación Pablo Iglesias, organizan un acto para render homenaxe a aquelas e aqueles que tiveron que exiliarse, como consecuencia da guerra e a ditadura franquista, nun acto que terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel ás 19.30 horas e cuxo eixo central será a proxeción do documental Exilio (producido por TVE e dita fundación, no 2002).


Ese exilio, tanto de quen cos anos regresou ás súas orixes como dos que non o fixeron, reflíctese no filme con argumento de Alfonso Guerra e dirixido por Pedro Carvajal. Así como tamén se deixa consatancia no documento audiovisual da pérdida de xente que supuxo para o país a guerra civil (científicos, artistas, intelectuais…).

Xunto a Xosé Lois Carrión intervirá no acto José Ramón Morgade, secretario de Organización da CEM, que lerá poemas escritos por Carmen Castellote (nena da guerra que aos catro anos foi enviada desde Bilbao a Leningrado e a finais de 1940 foi a México a reunirse co seu pai exiliado), Pedro Garfias (nado en Salamanca, falecido no exilio en México), Florencio Delgado Gurriarán (que se exiliou en California) e outro da súa propia autoría e cuxo primeiros versos rezan:

A tristeza do exiliado é profunda,

como un océano sen fin que o asolaga,

lonxe da súa terra e das súas raíces,

camiñando só entre cicatrices.

Desterrado do seu fogar e a súa xente,

unha cruz latente carga na súa alma,

estrañando o que un día foi seu,

busca na distancia un raio de calma.

En terras estrañas atopa consolo,

entre morriña e un eterno anhelo,

aínda que lle doia a distancia e o frío

o seu espírito loita, non perde o brío.

En cada historia de exilio hai un espello,

que nos mostra a nosa humanidade en reflexo.