concellos INICIATIVAS

O PSOE de Viana insta a posta en valor e o mantemento da zona do encoro entre as pontes

O PSDEG-PSOE DE VIANA INSTA AO CONCELLO A POSTA EN VALOR, ELIMINACIÓN DO FEÍSMO E MELLORA DO MANTEMENTO DA ZONA SITUADA ENTRE AS PONTES NA ZONA DO ENCORO

Os e as socialistas consideran que a panorámica que amosa o encoro neste espazo “é dunha beleza indiscutible, tal e como recoñece a veciñanza e os turistas”, motivo polo que esixen “actuacións que melloren as condicións desta zona”

Instan ao concello a que proceda a realizar as xestións pertinentes ante a Xunta e a Deputación, con competencias na ponte da OU-533 e da OU-0908 respectivamente, para acometer melloras e arranxos

Germán García-Ávila considera que ambas pontes “adoecen dunha falta de mantemento absoluto e amosan unha imaxe de desleixo total, o que impacta negativamente na percepción de veciñanza e turistas”

Viana do Bolo, 15 de maio de 2024. O PSdeG-PSOE de Viana do Bolo presenta unha moción para o seu debate en sesión plenaria para a posta en valor, eliminación do feísmo e mellora da imaxe e do mantemento da zona situada entre as pontes da estrada OU-533 e a da OU-0908. Os e as socialistas consideran que a panorámica que amosa o encoro neste espazo “é dunha beleza indiscutible, tal e como recoñece a veciñanza e os turistas”, motivo polo que esixen “actuacións que melloren as condicións desta zona”.

Dende o grupo municipal socialista instan ao goberno municipal a iniciar as xestións encamiñadas a que a Xunta de Galicia, competente da ponte e da estrada OU-533, proceda con “urxencia” a arranxar o deterioro que amosa dita ponte, procedendo ao seu pintado, e dado a estreiteza das beirarrúas, que se procede a instalación dalgún elemento de separación entre estas e a estada para mellorar as condicións de seguridade das numerosas persoas que transitan pola zona.

O PSOE vianés tamén considera importante a instalación por parte do concello de puntos de iluminación directa dende abaixo e en dirección a ponte para “realzar a beleza da contorna”. De igual forma instan a que o Concello proceda a solicitar da Deputación Provincial de Ourense o arranxo das numerosas deficiencia que presenta a ponte da OU-0908, en dirección a Vilariño de Conso e tamén o seu pintado.

O voceiro do PSdeG-PSOE de Viana do Bolo, Germán García-Ávila Arias, lembra que xa no seu momento os e as socialistas presentaron unha moción para a construción dun paseo que unira as dúas pontes para “o desfrute da veciñanza e para impulsar esta magnífico espazo”. Dado que o goberno municipal ignorou dita proposición, o edil socialista considera que “deben tomar cartas no asunto para eliminar o feísmo da zona e que non menoscabe a beleza da contorna”.

García-Ávila Arias considera que ambas pontes “adoecen dunha falta de mantemento absoluto e amosan unha imaxe de desleixo total, o que impacta negativamente na percepción da veciñanza e dos turistas que nos visitan”. O voceiro socialista explica que tanto Xunta coma Deputación teñen as competencias neste caso e polo tanto “deben pór cartas no asunto para resolver a problemática”.

O PSdeG-PSOE de Viana do Bolo tamén insta na moción a instalación de iluminación na parte inferior da ponte da OU-0908 e proxectados cara a mesma “co fin de mellorar tamén a visibilidade da zona”, aínda que segundo apuntan “a prioridade é mellorar a iluminación na parte inferior da ponte da OU-533, pois é máis transitada e unha vía principal de entrada e saída a vila”.