Denuncias Deputación de Ourense

Estos son os traballadores da Deputación que Baltar disfrazou de científicos no fraude millonario do Proxecto Castaña

ESTES SON OS CATRO TRABALLADORES DA DEPUTACIÓN DE OURENSE QUE BALTAR DISFRAZOU DE CIENTÍFICOS PARA DECORAR O MILLONARIO FRAUDE DO PROXECTO CASTAÑA

A este fraude dedicaron case 2,5 millóns da UE para tres supostos centros de investigación e grandes plantacións, pero daquel anuncio nin hai nin nada, salvo o falso posado de falsos científicos

Desde o PSdeG-PSOE insisten en que “o uso correcto dos fondos da Unión Europea é esencial” para Ourense, sempre que se usen correctamente, algo que “farán desde o próximo goberno provincial”

Ourense, 1 de xuño de 2023. O PSdeG-PSOE denuncia que o “millonario fraude” do ‘Proxecto Castaña’, impulsado pola Deputación Provincial de Ourense do PP no marco dos fondos públicos distribuídos pola Unión Europea para axudar ao rescate e desenvolvemento de territorios comunitarios, alcanzou un dos seus maiores exemplos no “bochornoso paripé” organizado polos gobernos da familia Baltar, ao disfrazar a traballadores da institución de supostos científicos que investigaban plantacións grazas a eses cartos.

Na imaxe destapada agora polos socialistas pode apreciarse a catro persoas, posando nun laboratorio con batas e material técnico. Pero, en realidade, eran administrativos ou peóns. Concretamente aparecen Francisco Prol (1), que era administrativo do centro agrogandeiro de Xinzo dependente da institución a través do Inorde e que finou nun accidente de tráfico; Álvaro Álvarez (2), peón agrícola na ‘Finca Monterrei’; Juan Manuel Enríquez (3) peón agrícola e Raquel Casares (4), administrativa do centro agrogandeiro de Xinzo.

A este fraude foron destinados 2,5 millóns de euros públicos, achegados nun 75% pola Unión Europea, que servirían para a creación de tres centros de investigación e interpretación, así como para a plantación de 38.000 castiñeiros e 1.200 oliveiras. Daquel anuncio non hai nada, salvo o falso posado de falsos científicos. Non hai nin rastro nin das árbores nin deavanzados espazos de investigación do sector forestal e agrogandeiro. Tampouco existiron nunca, así que, no PSOE preguntan “a donde foron realmente os cartos”.

Desde o PSdeG ourensán insisten en que “o uso correcto dos fondos da Unión Europea en proxectos da Deputación Provincial é “esencial” para o desenvolvemento e progreso da provincia”, xa que “proporcionan unha oportunidade inaudita para investir en infraestruturas, educación, cultura ou promoción e desenvolvemento económico”, mellorando a calidade de vida da veciñanza e “sentando as bases do futuro que merece a provincia tras catro décadas de atraso constante”, sempre que se usen correctamente, algo que “farán desde o próximo goberno provincial”.

“Estamos ante unha gran oportunidade que a Deputación nin pode nin debe deixar pasar”, resaltan os e as socialistas antes de recordar que levan anos insistindo nun “tratamento plenamente democrático destes recursos, xa que está comprobado que nesta institución, o PP e os seus socios e socias, seguen a apostar por un sistema inxusto, caciquil e desigual” que “pode provocar casos de nepotismo, ineficiencia, malgasto ou corrupción”. “Xa son moitas as advertencias dos órganos de control, pero tamén dos xulgados”, salientan desde o Grupo Provincial Socialista.

“Hai que xestionar os cartos da Unión Europea sen trampas, sen mentiras, sen ilegalidades e sen irregularidades”, insisten os e as socialistas, antes de recordar os “incontables problemas legais” que, neste ámbito da consecución e posterior xestión de fondos comunitarios, acumulan os gobernos da familia Baltar, executivos “no seu ocaso” que están “ao borde da desaparición na institución, tras tres décadas parasitando a provincia”.