concellos INICIATIVAS

As e os socialistas de Punxín ofrecen a CxG un pacto de goberno

O PSDEG-PSOE DE PUNXÍN OFRÉCELLE A CXG UN ACORDO DE GOBERNO PARA OS PRÓXIMOS CATRO ANOS CO OBXECTIVO DE RESCATAR O MUNICIPIO DA “PARÁLISE” E O “ABANDONO”

As e os socialistas trasladáronlle ao candidato de CxG un acordo no que lle ofrecen a tenencia de alcaldía, o cumprimento do 80% do seu programa electoral e a concellería de obras

A candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía considera que se trata dunha proposta “xusta e completa”, co obxectivo de “acadar un pacto de goberno para comezar a traballar por e para Punxín”

Punxín, 14 de xuño de 2023. O PSdeG-PSOE de Punxín vén de ofrecerlle a Compromiso por Galicia un pacto de goberno para o municipio co fin de mudar ao actual goberno do Partido Popular e ofrecerlle á veciñanza un novo proxecto municipal. As e os socialistas consideran que chegou o momento de que Punxín e a súa veciñanza “teñan o cambio que tanto precisa”.

As e os socialistas de Punxín veñen de trasladarlle ao candidato á alcaldía de CxG, Eladio Fernández, un pacto de goberno para os vindeiros 4 anos. O PSdeG-PSOE de Punxín ofrécelles a tenencia de alcaldía, o cumprimento do 80% do seu programa electoral e a concellería de obras.

A candidata socialista á alcaldía de Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez, considera que se trata dunha proposta “xusta e completa”, co obxectivo de “acadar un pacto de goberno que nos permita rematar coa parálise e o abandono que vive o noso municipio”. A voceira socialista en funcións agarda “chegar a un acordo con CxG co fin de comezar a traballar por e para Punxín”.