Deputación de Ourense POLÍTICA PROVINCIAL

Elixidos os novos deputados e deputadas para a Deputación Provincial de Ourense

O PSDEG-PSOE DE OURENSE FINALIZOU HOXE A ELECCIÓN DOS DEPUTADOS E DEPUTADAS PROVINCIAIS QUE FORMARÁN O NOVO GRUPO SOCIALISTA NA DEPUTACIÓN

Os e as socialistas formalizan ás sete persoas que tomarán posesión da acta provincial nun pleno de constitución da corporación que, previsiblemente, terá lugar a comezos da semana próxima

O proceso finalizou na mañá deste luns nos xulgados da terceira cidade de Galicia coa escolla, por unanimidade, dos tres deputados e deputadas da xunta electoral de zona de Ourense

Ourense, 10 de xullo de 2023. O PSdeG-PSOE vén de finalizar o proceso de elección dos deputados e deputadas provinciais que formarán o novo Grupo Socialista da Deputación Provincial de Ourense. Coa escolla, por unanimidade, entre os edís electos que tivo lugar na mañá deste luns, convocados para a votación prevista no artigo 206 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG), dos deputados e deputadas da xunta electoral de zona de Ourense, atrasada ata hoxe luns porque o pleno de constitución do Concello de Celanova non se celebrou ata o pasado venres, os e as socialistas formalizan así ás sete persoas que tomarán posesión da acta nun pleno de constitución da corporación que, previsiblemente, terá lugar a comezos da semana próxima.

Os novos deputados e deputadas da xunta electoral de zona de Ourense son Álvaro Vila Araújo (Taboadela, 1965), alcalde de Taboadela; Susana Rodríguez Estévez (Ourense, 1968), concelleira de Amoeiro e Elvira Lama Fernández (Xinzo de Limia, 1963), concelleira en Xinzo de Limia. Na xunta electoral de zona da comarca do Ribeiro o elixido foi o concelleiro de Ribadavia, José Ignacio Gómez Pérez (Ribadavia, 1972). Na xunta electoral de zona de Valdeorras foi escollido, Aurentino Alonso Araújo (Cartelle, 1963), edil no Concello do Barco de Valdeorras.

O deputado provincial escollido pola xunta electoral de zona de Carballiño será o concelleiro carballinés, Diego Fernández Nogueira (Santiago de Compostela, 1987) e pola xunta electoral de zona da comarca de Verín a nova deputada provincial do PSdeG-PSOE será Marina Vaz Quintanillán (Ourense, 1985), concelleira no municipio de Riós.