concellos Denuncias

O GMS reclama ao goberno local a convocatoria das xuntas de área

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA RECLAMA QUE SE CONVOQUEN DE NOVO, NESTE MES, AS XÚNTAS DE ÁREA PARA QUE O GOBERNO DE JÁCOME COMECE A RENDER CONTAS E A OPOSICIÓN POIDA DESENVOLVER O SEU LABOR

Esiximos respecto á oposición e non imos agardar ata outubro nin permitir, como aconteceu no anterior mandato, estar sometidos á mordaza, ocultación e obstrución deste Executivo”, incidiu a voceira Natalia González Benéitez

Piden tamén que se atendan “as preguntas e requerimentos prantexados, en tempo e forma, conforme á legalidade e entendendo que neste mandato dispoñen dun equipo de dez concelleiros e concelleiras, máis asesores”

Ourense, 12 de setembro de 2023O grupo socialista critica que logo de tres meses desde a constitución da corporación municipal non se tiveran convocado antes as Xuntas de Área e se faga agora unicamente para a súa constitución, ademais de xenerar malestar no Goberno de Jácome a posibilidade de facer preguntas no día de hoxe.

“Os e as socialistas solicitamos que se convoquen de novo, neste mes de setembro, as Xuntas de Áreas correspondentes para que os membros do Executivo local rendan contas e dende a oposición poidamos desenvolver o noso labor con normalidade, no canto de seguir adiando a nosa fiscalización e as solucións para os problemas da veciñanza”, afirmou a portavoz do grupo municipal do PSdeG no Concello de Ourense, Natalia González Benéitez.

“Esiximos respecto á oposición, así como rendición de contas, e non imos agardar ata outubro nin permitir, como aconteceu no anterior mandato, estar sometidos á mordaza, ocultación e obstrución deste Executivo”, incidiu a temén secretaria xeral do partido na cidade.

Rematou sinalando que piden o compromiso de que se atendan “as preguntas e requerimentos prantexados, en tempo e forma, conforme á legalidade e entendendo que neste mandato dispoñen dun equipo de dez concelleiros e concelleiras, máis asesores”, polo que “non teñen excusa”.