concellos Denuncias

Os e as socialistas de Xinzo deploran o desleixo do grupo de goberno polo proyecto de humanización da N-525

O PSDG-PSOE DE XINZO DE LIMIA DEPLORA O DESLEIXO DO ALCALDE E O GRUPO DE GOBERNO POLO PROYECTO DE HUMANIZACIÓN DA N-525

“Catro meses despois da toma de posesión da nova corporación, que asegurou viña a arranxar con millóns de euros situación do Concello, os proxectos realmente importantes, xa aprobados e publicados, como o da estrada N-525, non merecen nin a máis mínima atención para a súa realización”, denuncia a voceira socialista, Elvira Lama

Para as e os socialistas trátase dunha “obra transcendental” para a Limia, que “merece investir o máximo de esforzos e traballo para que se faga realidade a curto prazo”, amosando a actual parálise a inaptitude do rexedor de Axil para culminar un proxecto xa acordado pola anterior alcaldesa e a desconfianza cos seus socios do PP

Xinzo de Limia, 18 de outubro de 2023. “Catro meses despois da toma de posesión da nova corporación, que asegurou viña a arranxar con millóns de euros situación do Concello, os proxectos realmente importantes, xa aprobados e publicados, como o da estrada N-525, non merecen nin a máis mínima atención para a súa realización”, denuncia a voceira socialista, Elvira Lama. Segundo esta, “o actual estado de parálise evidencia que ninguén se preocupou polo estado da tramitación dun proxecto que se entoxa vital para a Limia”. Diante de tal estado de inacción, as e os socialistas de Xinzo de Limia pretenden evidenciar o desleixo do alcalde e do grupo de goberno de Axil e PP sobre unha obra xa acordada pola anterior alcaldesa.

Para o PSdeG-PSOE trátase dunha “obra transcendental” para a Limia, que “merece investir o máximo de esforzos e traballo para que se faga realidade a curto prazo”, amosando a actual parálise a inaptitude do rexedor de Axil para culminar un proxecto xa acordado durante o anterior mandato e, de paso, a desconfianza cos seus socios de goberno do PP. “Os receos entre Amador Díaz Penín, do grupo Axil, e os Populares impiden calquera avance, amais de constatar que o proxecto de humanización da N-525 non era do agrado dos PP, pero non por cuestións técnicas, senón polo feito de ter que asumir a súa absoluta incapacidade de dialogo coa administración do Estado para acadar a financiación necesaria, como si fixemos nós”, engade Lama.

“Obra transcendental”

Para as e os socialistas trátase dunha “obra transcendental” para a Limia, que “merece investir o máximo de esforzos e traballo para que se faga realidade a curto prazo”, afirma a voceira socialista. O proxecto de humanización na N-525

confórmase para o PSdeG-PSOE coma unha “actuación prioritaria e decisiva”, que se fixo posible no seu momento “grazas á insistencia e diálogo construtivo” da entón rexedora, Elvira Lama, co Goberno de España, nomeadamente o seu encontro co Director Xeral de Estradas, Sr. Juan Pedro Palomino, o 3 de febreiro deste mesmo ano. Coma resultado desta xestión acordouse un investimento de catro millóns de euros por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a realización dunha obra que aspira a transformar toda a contorna.

No pleno municipal do pasado 17 de setembro, o alcalde foi inquirido sobre as xestións feitas diante do Ministerio para poñer en marcha o proxecto xa convido co goberno central. Desde entón, non se tivo ningún tipo de resposta por parte de grupo de goberno, sen que as e os socialistas teñan até o de agora constancia de que se teña realizado a máis mínima xestión ao respecto. “Estamos absolutamente certos de o alcalde non moveu un dedo, nin tan sequera unha chamada”, laiase Elvira Lama. “A conclusión que tiramos é clara, finca a ex rexedora, pudendo afirmar que este asunto non é do seu interese, se ben para nós é prioritario e continuaremos a traballar para que se faga realidade unha obra tan trascendental para as nosas veciñas e veciños”.