Concello de Ourense Denuncias

Denunciamos que Jácome trata de tapar a situación crítica na área social e o seu nulo compromiso coa igualdade

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DENUNCIA QUE JÁCOME TRATA DE DESVIRTUAR O DEBATE NOS PLENOS PARA TAPAR A SITUACIÓN CRÍTICA NA ÁREA SOCIAL E O SEU NULO COMPROMISO COA IGUALDADE

Primeiro foi a convocatoria da sesión extraordinaria solicitada por PSOE e BNG sobre o grave desmantelamento que pretende levar adiante, solapándoa coa ordinaria de novembro”, sinala a portavoz do PSdeG no Concello de Ourense, Natalia González Benéitez

Agora procede á alteración da orde do día do pleno ordinario deixando para o final, a pesares de ser rexistradas con anterioridade, as mocións de PSOE e BNG relativas ás áreas de igualdade e saúde, e priorizando dúas iniciativas do PP de escasa crítica política ao seu goberno”, engade

Ourense, 30 de outubro de 2023. O grupo municipal socialista denuncia que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, trata de desvirtuar o debate nos plenos para tapar a situación crítica na que se atopa a área social e o seu nulo compromiso coa igualdade. “Primeiro foi a convocatoria da sesión extraordinaria solicitada por PSOE e BNG sobre o grave desmantelamento que pretende levar adiante nos servizos sociais, así como o seu desleixo e política de recurtes aos que máis o necesitan, solapándoa coa ordinaria de novembro”, sinala a portavoz do PSdeG no Concello de Ourense, Natalia González Benéitez.

“Agora procede á alteración da orde do día do pleno ordinario deixando para o final, a pesares de ser rexistradas con anterioridade, as mocións de PSOE e BNG relativas ás áreas de igualdade e saúde, e priorizando dúas iniciativas do PP de escasa crítica política ao seu goberno”, engade sobre o proceder do rexedor. E lembra que dita modificación no debate só se fai cando os e as integrantes da corporación o precisan, máis neste caso non se transmitiu ningunha cuestión deste tipo á oposición.

Nesta liña, a tamés secretaria xeral do partido na cidade, afirma que “este é un exemplo máis do trilerismo dun alcalde dictador que intenta, unha outra vez, amordazar á molesta oposición, para os seus intereses e shows mediáticos, que están a exercer o PSOE e o BNG” e que por desgraza para os ourensáns e ourensás conta “coa complicidade dun grupo municipal do PP desnortado e entregado ao seu amo”.

Tamén advertíu a socialista que aínda que o rexedor trate de “mover o foco para non falar do realmente importante”, en todas e cada unha das sesións se falará “si ou si do desmantelamento dos servizos sociais e dos seus recortes, da súa neglixente xestión económica, das súas irregularidades na contratación pública, do seu desprezo pola igualdade, pola cultura ou pola educación”.

“Non nos vai a calar por máis que o intente saltándose normas ou interpretándoas ao seu antollo e beneficio unha e outra vez”, remata contundente a voceira.