Executiva municipal de Ourense ourense

Sumámonos á solicitude de recoñecemento a Alfonso Cid Sabucedo na cidade

A EXECUTIVA MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE DE OURENSE SÚMASE Á SOLICITUDE DE RECOÑECEMENTO A ALFONSO CID SABUCEDO NA CIDADE

Natalia González resaltou a traxectoria vital, académica e institucional dun compañeiro aprezado e respectado dentro e fóra do partido que deixou a súa pegada sobre todo no ámbito educativo e universitario en Ourense

Os socialistas celebrarán o seu tradicional magosto no Campo da Feira este venres 10 de novembro ás 20.00 h

Ourense, 09 de novembro de 2023. A comisión executiva municipal do PSdeG-PSOE de Ourense destaca a unanimidade na adhesión á solicitude de recoñecemento a Alfonso Cid Sabucedo, compañeiro falecido o pasado 26 de xullo de 2023, e promovida por diferentes persoalidades e colectivos da cidade así o acordaron onte durante a celebración da súa reunión ordinaria do mes de novembro.

A secretaria xeral, Natalia González, resalta a traxectoria vital, académica e institucional dun compañeiro aprezado e respectado dentro e fóra do partido que deixou a súa pegada sobre todo no ámbito educativo e universitario en Ourense. Alfonso Cid foi mestre nacional e catedrático da Escola Universitaria, profesor deste centro e da actual Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo no Campus de Ourense. Ademais de militante do PSdeG-PSOE en Ourense e concelleiro de facenda tralas eleccións municipais de 1991 formando parte do equipo de goberno do alcalde Manuel Veiga Pombo.

Próximas actividades da CEM: Magosto, 25N e Asemblea

Noutro orde de asuntos, a dirección local celebrará o seu tradicional magosto este venres 10 de novembro a partir das 20.00 h. no Campo da Feira e ten previsto a realización dun acto conmemorativo co gallo do 25N Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Ademais, dende a Agrupación Municipal e as Xuventudes Socialistas de Ourense colaborarán na Operación Quilo promovida pola Asociación Xuvenil Amencer seguindo coa súa senda de colaboración solidaria coas entidades e colectivos ourensáns.

Por último, acordaron que antes do remate do ano convocarase á militancia para render contas e facer balance na Asemblea Ordinaria logo dos distintos procesos electorais, orgánicos e institucionais acontecidos ao longo deste ano.