Concello de Ourense Política municipal

Respondemos ao comunicado do PP blanqueando a Jácome (VOL. 999)

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA RESPONDE AO COMUNICADO DO PP BLANQUEANDO A JÁCOME (VOL. 999)

Se o PP votara a favor da urxencia da moción presentada polo BNG teríase debatido neste pleno ordinario de decembro 

Como o propio rexedor explicou no pleno ordinario deste venres, foi o PP quen lle costeou e financiou a Jácome Auria Televisión. Pódese afirmar que é fillo de Baltar e primo de Feijóo e agora convertiuse na marca blanca do Partido Popular

Ourense, 3 de noviembre de 2023. En resposta ao comunicado enviado aos medios onte dende o Partido Popular, o grupo municipal socialista considera interesante facer varias aclaracións.

-Se o PP votara a favor da urxencia debateríase a moción do BNG.

-Se só faltara un concelleiro do PP, na mesma votación tería que ausentarse outro concelleiro do PP, é algo habitual con todos os grupos por cortesía parlamentaria goberne quen goberne, deberían sabelo e non mentir nin xustificar o inxustificable.

-No comunicado non se menciona a Jácome en ningún lado, forma parte do seu pacto de non agresión previo ás autonómicas.

-O PP presenta a moción de cara ao próximo pleno ordinario xa para evitar a posibilidade de que BNG e PSOE poidamos pedir un pleno extraordinario antes do remate do ano, o asunto dilúese e o debate chega o 12 de xaneiro, dentro de mes e medio.

-O PP agora sae a defender a funcionarios, sindicatos, colectivos, cando leva anos de perfil e neste mandato metidos debaixo dunha pedra. O mellor exemplo da sua covardia tamen foi no último pleno incapaces de aplaudir sequera a dignidade dos profesionais dos medios de comunicación que abandonaron o pleno. Cinismo político.

-Os socialistas recomendan ao grupo municipal popular que collan xa vacacións de Nadal e que lle pidan aos reis magos un pouco de autonomía, liberdade e coherencia para deixar de ser títeres de Jácome e o PPdeG, convertidos nun meme e nun auténtico polvorín, e continuar a ser cómplice activo da situación que estamos a vivir no Concello de Ourense dende o 2015.

-Como o propio rexedor explicou no pleno ordinario deste venres, foi o PP quen lle costeou e financiou a Jácome Auria Televisión. Pódese afirmar que é fillo de Baltar e primo de Feijóo e agora convertiuse na marca blanca do Partido Popular.