POLÍTICA PSdeG PSOE

Marga Martín amósase «contenta e agradecida» por exercer de secretaria primeira na Comisión de Igualdade

A DEPUTADA MARGA MARTÍN AMÓSASE “CONTENTA E AGRADECIDA” POR PODER FORMAR PARTE DE CINCO COMISIÓNS NO CONGREOS E EXERCER DE SECRETARIA PRIMEIRA NA DE IGUALDADE

“Onte deuse un paso máis nesta XV lexislatura para continuar ampliando dereitos sociais e traballando por acadar unha igualdade real e efectiva para todos e todas”, afirma a socialista

“É unha enorme honra e espero poder, deste xeito, axudar á cidadanía en liña directa co goberno de España”, sinala a tamén secretaria de Políticas Sociais da CENG

Ourense, 5 de decembro de 2023. A deputada pola provincia de Ourense do PSdeG, Marga Martín, amosase “contenta e agradecida” pola confianza que o partido depositou nela ao formar parte de cinco comisións para as que foi proposta. “É unha enorme honra e espero poder, deste xeito, axudar á cidadanía en liña directa co goberno de España”, sinala a tamén secretaria de Políticas Sociais da CENG.

En total, a deputada traballará en cinco comisións das 28 que onte se aprobaron: Igualdade (na que execerá de secretaria primeira e que presidirá Carmen Calvo), Sanidade, Discapacidade (na que asume o cargo de portavoz adxunta), Dereitos Sociais e Xustiza.

“Onte deuse un paso máis nesta XV lexislatura para continuar ampliando dereitos sociais e traballando por acadar unha igualdade real e efectiva para todos e todas. Xa podemos poñernos mans á obra”, rematou Martín.