EMIGRACIÓN Executiva Provincial de Ourense

As ganancias en fondos de investimento dos retornados tributan para a igrexa alemá

A ÁREA DE MIGRACIÓNS DO PSDEG-PSOE DE OURENSE INFORMA QUE AS GANANCIAS EN FONDOS DE INVESTIMENTO OU DEPÓSITOS BANCARIOS EN ESPAÑA TRIBUTA PARA A IGREXA ALEMÁ

 

Os e as emigrantes, residentes fiscais en Alemaña, pero con aforros investidos en España, son requiridos pola facenda alemá ao pago do 8% das ganancias obtidas á igrexa católica alemá

 

Luís Gulín explica que o imposto eclesiástico “é unha contribución financeira que os membros  fan á súa igrexa,  non se trata dunha subvención estatal, senón máis ben dun medio de autofinanciación da igrexa a través dos seus membros”

 

Ourense, 29 de decembro de 2023. Á secretaría provincial de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense informa ao colectivo de emigrantes retornados que as ganancias en fondos de investimento ou depósitos bancarios en España tributan para a igrexa alemá. Os e as socialistas indican que nestes casos, os e as retornadas están obrigados a pagar o 8% das ganancias obtidas en fondos de investimento a

 

Dende a área de migracións da executiva provincial socialista explican que nos últimos días recibiron consultas dalgúns emigrantes residentes en Alemaña, ao ser requiridos de tributar á igrexa alemá sobre as súas ganancias en fondos de investimento ou depósitos bancarios que teñen en España. Estes emigrantes, residentes fiscais en Alemaña, pero con aforros investidos en España, sorprendéronse ao ser requiridos pola facenda alemá de ter pendente o pago do 8% á igrexa católica alemá polas ganancias obtidas en España en fondos de investimento.

 

O secretario provincial de migracións, Luís Gulín Iglesias, explica que o imposto eclesiástico “é unha contribución financeira que os membros  fan á súa igrexa,  non se trata dunha subvención estatal, senón máis ben dun medio de autofinanciación da igrexa a través dos seus membros”. O responsable da área de migracións do PSOE ourensán apunta que “ao declarar estes emigrantes ser membros da igrexa católica, na súa nómina mensual retense un 8 por cento para a igrexa católica alemá, estando exentos os pensionistas”.

 

“Cunha modificación do ano 2015 na tributación sobre as plusvalías ou ganancias en fondos de investimento estableceuse tamén unha retención de orixe a favor da igrexa alemá a condición de que o contribuínte estea rexistrado ante a facenda xermana como membro da confesión católica, protestante, ortodoxa ou da comunidade xudía”, indican dende o PSdeG-PSOE de Ourense.

 

Luís Gulín subliña que a vía para librarse do pago deste imposto “é darse de baixa da confesión relixiosa a que se pertence ou solicitar a exención á facenda alemá a condición de que as ganancias obtidas en España sexan inferiores a 1000 euros (declaración individual) ou 2000 euros (declaración conxunta)”.

 

Dende a secretaría provincial de migracións lémbrase unha vez máis que a Facenda alemá (Finanzamt) desde o ano 2019 ten acceso a esta información e hai que declarar as ganancias obtidas en España ao ser parte da renda universal suxeita a impostos en Alemaña.