O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA CONTINUARÁ TRABALLANDO POR UN OURENSE CON POLÍTICAS SOCIAIS INCLUSIVAS E EFECTIVAS E POR UNHA VIDA CULTURAL AMPLA CONFORME Á CIDADE QUE MERECEN OS E AS OURENSÁS
«Jácome, no seu papel de modificador en serie, rompeu todos os récords de modificacións de crédito e plenos extraordinarios; unha folla de ruta que está a levar ao Concello a grandes desequilibrios que non tardarán en converterse en hipotecas futuras», sinala facendo balance do 2023 a secretaria xeral do PSdeG en Ourense, Natalia González Benéitez
“Comezamos 2024 sabendo que o bus non será gratuito, tal e como prometera recentemente, sen estacións de carga eléctrica para os buses novos mercados, sen novas liñas nin frecuencias e con vehículos novos apilados en naves industriais a intemperie», engade a tamén voceira no Concello
Ourense, 30 de decembro de 2023. O grupo municipal socialista remata o ano lamentando o caos e descontrol na xestión económica do Concello de Ourense que continúa sen orzamentos despois de case 4 anos. Tamén que aumentasen as concesións en precario e que as esenciais sigan a acumular débedas de máis de 20 millóns de euros por ser incapaces dende o grupo de goberno de sacalas a licitación.
«Jácome, no seu papel de modificador en serie, rompeu todos os récords de modificacións de crédito e plenos extraordinarios; unha folla de ruta que está a levar ao Concello a grandes desequilibrios que non tardarán en converterse en hipotecas futuras con repercusión inmediata no peto da cidadanía», sinala facendo balance do 2023 a secretaria xeral do PSdeG en Ourense, Natalia González Benéitez.
A lista de servizos desmantelados ou en proceso de desaparición aumenta conforme o fai o gasto en necesidades que non son esenciais. Así mesmo, os e as socialistas lembran o intento de suprimir as UNIS, do que nada mais se soubo logo do anuncio feito polo alcalde.
«Varias entidades sociais quedaron sen axudas en 2022 e 2023 pola desidia e mala planificación de Gonzalo Pérez Jácome e se eliminaron programas de atención a inmigrantes, programas de saúde ou de conciliación laboral e familiar», resume a tamen voceira do grupo municipal na cidade de Ourense. «Ademais, comezamos 2024 sabendo que o bus non será gratuito, tal e como prometera recentemente, sen estacións de carga eléctrica para os buses novos mercados, sen novas liñas nin frecuencias e con vehículos novos apilados en naves industriais a intemperie», explica González.
Brilan pola súa ausencia as políticas de vivenda e rehabilitación urbana para o casco histórico, o PEPOU (paralizado), o súper proxecto innovador que o rexedor tiña en mente para o Espazo Lusquiños (pechado dende hai un ano). «As luces, as orquestras, os busitos e as escaleiras mecánicas veñen con cobro revertido e seguiremos a comprobalo en 2024 con máis intensidade e en primeira persoa», advirte a portavoz dos e das socialistas.
En proceso de desaparición ou desmantelamento se atopan tamén o Museo Municipal (pechado), a ludoteca das Lagoas (pechada), a oficina do PERI (pechada), as termas públicas (pechadas case ao 70%), o viveiro (convertido nun desgüace), as concellerías de vivenda e PERI, voluntariado, comercio, saúde, xuventude, transportes (desaparecidas), e a UPO (sen ofrecer sequera alternativas).
«Iso si, Jácome gasta máis dun millón de euros en asesores, directores xerais e afíns, pero seguimos sen RPT nin OPEs e cun dictador por alcalde que adica o seu tempo a perseguir a funcionarias e funcionarios ‘tiquismiquis'», remata González. E engade que os e as socialistas non deixarán de loitar por políticas sociais inclusivas e efectivas e polo fomento da cultura, en tódalas súas vertentes, sendo dúas das principais áreas nas que traballarán para que os e as ourensás teñan a cidade que merecen.

