AS E OS SOCIALISTAS INSTAN AO GOBERNO MUNICIPAL A COMEZAR A TRABALLAR XA NA PROGRAMACIÓN DO 8M E A OFRECER UNHA ALTERNATIVA PARA VISIBILIZAR O REXEITAMENTO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
“Prantexaremos a activación definitiva, este 2024, do proxecto do rueiro feminino comezando por recoñecer a figura de Olga Gallego Domínguez, tal e como defendemos no recente pleno ordinario”, sinalou Natalia González
Insistirán na formalización da adhesión de Ourense á Rede de Cidades Libres de Trata por parte do goberno local, que tamén foi respaldada por todos os grupos políticos no Concello na sesión ordinaria do mes de novembro de 2023
Ourense, 18 de xaneiro de 2024. O grupo municipal socialista reclama que o goberno local convoque con celeridade o Consello Municipal de Igualdade para a activación e presentación de propostas que sirvan para conmemorar o 8M (Día Internacional da Muller) na cidade de Ourense.
“Prantexaremos en dita reunión a activación definitiva, este 2024, do proxecto do rueiro feminino comezando por recoñecer a figura de Olga Gallego Domínguez, tal e como defendemos no recente pleno ordinario, que resultou a figura máis respaldada en canto a número de apoios”, expón a portavoz do grupo do PSdeG, Natalia González Benéitez.
Nesta lina, as e os socialistas insistirán na formalización da adhesión de Ourense á Rede de Cidades Libres de Trata por parte do goberno municipal, que tamén foi respaldada por todos os grupos políticos no Concello de Ourense no pleno ordinario do mes de novembro de 2023 e de cuxa iniciativa aínda non se sabe nada.
“Despois de 6 meses de que Jácome e DO fulminara as concentracions mensuais contra a violencia machista, esiximos unha alternativa urxente de consenso para seguir a visibilizar como institución o noso rexeitamento frontal contra a violencia de xénero”, engadiu a tamén secretaria xeral do partido na cidade.
Ademais, os e as socialistas reclaman que se implementen e visibilicen puntos violetas nos eventos organizados polo Concello de Ourense, mesmo no entroido que está a piques de celebrarse.

