EMIGRACIÓN

A secretaría de migracións explica as compatibilidades existentes para os coidadores non profesionais

O PSDEG-PSOE DE OURENSE LEMBRA A “TOTAL COMPATIBILIDADE” ENTRE PERCIBIR UNHA PRESTACIÓN DO ESTADO ALEMÁ COMO COIDADOR NON PROFESIONAL E TRABALLAR A TEMPO PARCIAL

Unha sentenza de 2012 concluíu que as prestacións económicas da axuda á dependencia alemá pódense exportar a España coa opción de nomear unha persoa de confianza coma “coidador non profesional”.

“A prestación é totalmente compatible cun traballo a tempo parcial en España, sempre que no exceda das 25 horas semanais”, sostén Luís Gulín, secretario provincial de Migracións do PSdeG-PSOE de Ourense.

Ourense, 28 de xaneiro de 2024. O Secretaría Provincial de Migracións do PSdeG-PSOE de Ourense lembra a total compatibilidade que existe para as aseguradoras alemás entre ser coidador de persoas dependentes e traballar a tempo parcial. Tralas xestións realizadas entre expertos e aseguradoras a instancias das consultas recibidas de parte de familiares de retornados de Alemaña interesados en ser coidadores non profesionais, recibindo estes –ou alomenos tendo solicitado– a prestación de dependencia alemá ao non ter dereito a ningunha pensión do Estado europeo, a Secretaría Provincial de Migracións conclúe a aptitude para compaxinar a axuda para o coidado dos seres queridos cun traballo a tempo parcial.

Desde unha sentenza de 2012 do Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea (TSXUE), as prestacións económicas da axuda á dependencia alemá pódense exportar a España. Como dereito adquirido adicional, a persoa beneficiada pode nomear a un familiar ou persoa de confianza coma “coidador non profesional”. Amais, se a persoa cumpre cos requisitos legais establecidos, a aseguradora alemá ou Krankenkasse cotiza por esta á seguridade social do país teutón (Rentenversicherung) cunha base de cotización actual de 2.030 euros mensuais. Pola súa banda, o compromiso adquirido polo coidador é o de apoiar á persoa dependente un mínimo de 10-15 horas semanais, repartidas en polo menos dous días de xeito regular.

“A novidade é que a prestación do Estado alemá para estes coidadores non profesionais é totalmente compatible cun traballo a tempo parcial en España, sempre que no exceda das 25 horas semanais”, declara Luís Gulín, secretario provincial de Migracións do PSdeG-PSOE de Ourense. Segundo este, “o único requisito é a realización previa dunha consulta coa Krankenkasse, que adoita ser favorable no 100% dos casos”. Desde o ano 2018 a Secretaría Provincial de Migracións do PSdeG-PSOE de Ourense ten prestado asistencia técnica-legal de xeito altruísta e desinteresado a máis de 30 mulleres para seren coidadoras non profesionais con cotización das aseguradoras alemás á seguridade social deste país.