O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA LAMENTA A MORTE DO GARDAMETA MIGUEL ÁNGEL GONZÁLEZ E PEDIRÁ, NO PRÓXIMO CONSELLO MUNICIPAL DE DEPORTES, QUE OURENSE FAGA UN RECOÑECEMENTO PÓSTUMO Á SÚA FIGURA
Foi un dos porteiros estrela indiscutibles na década dos anos 70 e ten un palmarés espectacular con 8 Ligas, 5 Copas de España, 1 Copa da liga e 2 Copas da UEFA conseguindo as máis altas cotas de valoración a nivel internacional
Ourense, 6 de xaneiro de 2024. O grupo municipal socialista expresa o seu pesar polo pasamento do gardameta Miguel Ángel González Suárez, unha das figuras máis importantes do deporte ourensán que conseguiu as máis altas cotas de recoñecemento a nivel internacional.
Natural do barrio do Couto, onde transcorreron os seus primeiros pasos no fútbol, conseguiu converterse unha lenda do Real Madrid e tamén da Selección Española. Foi un dos porteiros estrela indiscutibles na década dos anos 70 e ten un palmarés espectacular con 8 Ligas, 5 Copas de España, 1 Copa da liga e 2 Copas da UEFA. En total, xogou 246 partidos en Primeira División e as súas brilantes actuacións convertérono no gañador do Trofeo Zamora na tempada 75/76 por ser o gardameta menos goleado.
Trasladan dende o grupo do PSdeG no Concello de Ourense que pedirán un recoñecemento póstumo á súa figura no próximo Consello Municipal de Deportes.

