Reflexións SENADO

Boas novas para os asteleiros de Navantia en Ferrol da man do Goberno Socialista

ARTIGO DE OPINIÓN DO SECRETARIO PROVINCIAL DO PSDEG-PSOE DE OURENSE E SENADOR POLA PROVINCIA, RAFAEL RODRÍGUEZ VILLARINO

Un titular así de contundente podería ser tachado de electoralista, e máis vindo da pluma dun senador socialista ás portas das votacións que se celebrarán o vindeiro 18 de febreiro. Asumo o prexuízo, mais convídoos a examinar as razóns esgrimidas, e logo decidan se corroboran -ou non- o afirmado.

Se resultara tan evidente o escrito, preguntaranse para que o redacto. Aquí ven a motivación esencial do texto: transmitir confianza fundada á poboación fronte á incertidume e o descrédito respecto do futuro de Navantia que está a difundir o PP, co alcalde e senador popular ferrolán ao fronte.

Pero basta de prolegómenos. Imos aos datos.

En 2018, aprobouse o Plan Estratéxico de Navantia, sendo un dos seus tres eixos impulsar a modernización e dixitalización dos centros e instalacións da compañía para avanzar cara o moderno e competitivo “Asteleiro 4.0”. Este ambicioso proxecto distinguíase do desenvolvido durante os 7 anos previos do Goberno de Rajoy, que investiu 30 millóns de euros en Navantia Ferrol. Co impulso dos cinco anos de Goberno de Sánchez a cantidade destinada a adaptacións dos distintos negocios aos diferentes mercados triplicouse ata 160 millóns de euros. Un esforzo inversor superlativo, e coherente coas prioridades do mercado, que se está executando de xeito responsable e acorde á carga de traballo, como corresponde a unha empresa pública que funciona. De modo sintético, as accións en marcha e previstas abranguen:

–        Unha Fábrica Dixital de Bloques, totalmente dixitalizada, automatizada e robotizada, que xerará 800.000 horas de man de obra, 800 postos de traballo, e 250 adicionais para a construción e posta en marcha, que comezou en decembro do pasado ano.

–        O Centro de Excelencia do Xemelgo Dixital, que proporcionará a primeira serie do buque F110 cunha réplica virtual, situando a Navantia na vangarda do sector. A súa construción comezou en 2023, e será realidade en 2024.

–        A remodelación do edificio da sala técnica e edificacións anexas, que será o centro neurálxico do asteleiro ferrolán cunha superficie de oficina de 13.000 metros cadrados para 800 profesionais.

–        A Fábrica de monopiles XXL, cunha capacidade de fabricación de 115.000 Tn/ano ou 70 unidades/ano de monopiles XXL, destinados á área de negocio da enerxía eólica mariña.

–        O Proxecto de explanada baixo pórtico de Fene, que transforma antigas gradas en desuso en espazo operativo para fabricación, almacenamento e embarque dos produtos actuais (monopiles, estruturas de eólica mariña e flotante). A primera fase executouse en 2023, e prevese abordar a segunda e última en 2024.

–        O Proxecto de oficinas de Dirección de Fene, que transforma a histórica nave de Almacén en emblema do Asteleiro de Fene.

A finalidade destas adaptacións é abordar as liñas de negocio de proxectos eólicos, reparacións e, sobre todo, o Programa de Fragatas F-110, que é un contrato clave para o futuro do conxunto da empresa, pois garante unha carga de traballo estable e suficiente durante 10 anos, xerando arredor de 9.000 postos, entre directos e indirectos.

A todo o dito, e como proba do elevado esforzó inversor do Goberno socialista, hai que engadir a construción dun Buque de Aprovisionamento de Combate (BAC), por valor de 439 millones de euros, que suporá 3 millóns de horas de traballo, 1.800 empregos, entre directos e indirectos, e beneficiará a arredor de 300 empresas nacionais, 135 delas galegas.

Estas son, en suma, as fundamentadas razóns para transmitir boas novas a Ferrol e á súa bisbarra, pero tamén a Galicia e España.

Cren Vostedes que merecen o descrédito do PP? Lembranse dos buques de PEMEX que segundo Feijóo ían vir para Galicia? Pois aínda con este pasado, coa acreditación do moi inferior esforzo inversor na época do Goberno de Rajoy, e das inversións realizadas, programadas e acreditadas polo actual Goberno socialista, atrévense a discutilas dubidando da súa continuidade nos vindeiros orzamentos do Estado cuyo teito de gasto eles mesmos votaron en contra!

O PSOE non sementa preocupacións nas familias, nin bloquea ou crea mala resputación a España no exterior, se non que está a cumprir os compromisos adquiridos con Navantia Ferrol, e seguirá a facelo nos vindeiros orzamentos estatais.

Os datos acredítano, e outros non poderán impedir que as boas novas sigan a transmitir optimismo ao sector naval galego nin, sobre todo, a tantas personas que esperan vivir nunha Galicia con futuro, nunha terra mellor.

Rafael Rodríguez Villarino

Secretario provincial e senador do PsdeG-PSOE de Ourense