Concello de Ourense EDUCACION

Criticamos que Jácome non vaia adecuar as bases das axudas para comedor e libros ás necesidades das familias ourensás

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA CRITICA QUE O GOBERNO DE JÁCOME NON VAIA ADECUAR AS BASES DAS AXUDAS PARA COMEDOR E LIBROS ÁS NECESIDADES DAS FAMILIAS OURENSÁS QUE O PRECISAN

Lembran que o orzamento leva varioanos resultando insuficiente e que incluso se deixou fóra a persoas que cumpren coas características para percibilas, sendo este curso más de 90 as familias excluidas

Nesta liña, o executivo de Democracia Ourensana deixará á cidadanía sen posibilidade de conciliación ao non ter previsión de continuar coas actividades que actualmente dan este servizo nos centros cívicos

Ourense, 20 de febreiro de 2024O grupo municipal critica que o goberno de Gonzalo Pérez Jácome non vaia a modificar as bases das bolsas para axudas de comedor escolar e libros neste 2024. “O goberno municipal reiterou, ante os problemas ocasionados nas últimas edicións desta axuda, que se cambiarían os criterios para ampliar a cobertura ás familias que máis o precisan”, sinala a edil Natalia González Benéitez.

Non obstante, ante as preguntas das concelleiras socialistas nas Xuntas de Área o executivo confirmou que non realizará ningunha modificación este ano, co que se prevén os mesmos problemas para o curso 2024/2025 que, ademais, deixou a máis de 90 solicitantes sen percibir a axuda pese a cumplir cos requisitos de renda.

Por outra banda, as socialistas manifestaron a súa preocupación pola situación na que vai quedar o programa de conciliación existente nos centros cívicos. “A concelleira Ana Fernández encargada desta área dixo non saber que facer, a 9 días de que rematen as actividades, porque a partida orzamentaria é insuficiente”, lembrou a edil e tamén portavoz do grupo municipal socialista.

“Atopámonos ante a mesma situación de tódolos anos e aínda non tomaron a decisión política de facer unha transferencia de crédito e volver a contratar o servizo ata final de curso”, rematou contundente.