Concello de Ourense DEREITOS SOCIAIS INICIATIVAS

Esixiremos recuperar, potenciar e blindar o servizo de comedor sobre rodas no pleno ordinario de abril

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA ESIXIRÁ RECUPERAR, POTENCIAR E BLINDAR O SERVIZO DE COMEDOR SOBRE RODAS DO CONCELLO DE OURENSE NO VINDEIRO PLENO

Natalia González considera “un feito gravísimo e vergoñento o sucedido hoxe con 58 persoas maiores que deixan de ter un servizo esencial para as súas vidas por culpa da falta de empatía e da ineptitude total de Jácome e a súa concelleira de servizos sociais”

Os e as socialistas lamentan que se deixara morrer un servizo pioneiro que eles puxeron en marcha no ano 2008 con gran éxito e demanda por parte da veciñanza e que chegou a ter máis de 400 persoas usuarias

Ourense, 1 de abril de 2024. “Despois de 16 anos, o comedor sobre rodas converteuse hoxe nun servizo máis fulminado polo goberno de Gonzalo Pérez Jácome, dentro da súa estratexia de desmantelamento das políticas sociais municipais, e que supón un recurte orzamentario perxudicando sempre aos e ás que menos teñen e máis o necesitan” afirmou Natalia González Benéitez, voceira do grupo municipal socialista..

O 20 de outubro do ano 2008, entraba en funcionamento o Servizo de Comedor sobre Rodas, repartido 200 menús diarios no domicilio das usuarias e dos usuarios do Servizo de Axuda no Fogar, persoas maiores, dependentes, do Concello de Ourense..

O obxectivo de dito programa centrábase en facilitar a vida cotiá das persoas usuarias e a súa permanencia na súa contorna familiar e social, nos seus fogares, evitando ingresos en

centros de maiores e, ao tempo, contribuindo a unha dieta axeitada con menús personalizados de acordo ás súas necesidades e á dieta indicada nos seus informes médicos,

repercutindo así nunha mellora da súa saúde.

O servizo de comida aparece recollido no Artigo 4, punto 2, da Ordenanza reguladora do

servizo de Axuda no Fogar, publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a data do 25 de

novembro de 2014. E, tras varios anos diminuíndo o número de persoas usuarias, o pasado 12 de marzo, logo da celebración da Xunta de Área de Servizos Sociais, dende o PSdeG

denunciaban o desmantelamento encuberto do mesmo.

O goberno de Jácome pasaba de comprometerse a licitar o servizo no 2023, e afirmar que os pregos estaban listos e en marcha, a deixar que a concesión entrara en precario este mes de febreiro e pedir “in extremis” rescate á Xunta de Galicia a través da adhesión ao programa Xantar na Casa.

A sabendas de que a concesión entraba en precario o 28 de febreiro de 2024, o executivo

local aínda non aprobara na Xunta de Goberno Local nin unha nova licitación, nin a sinatura

do convenio de adhesión ao programa Xantar na Casa coa Xunta de Galicia para a súa entrada en funcionamento, o que provocaría a posteriori que as persoas usuarias quedaran no limbo sine die, dado que o 27 de marzo, hoxe, dase por rematado o servizo, sen ningún tipo de alternativa ou solución de continuidade ao respecto para elas nin para as súas familias.

Ademais, o 25 de marzo, e coñecendo que a falta de previsión e dilixencia do rexedor e a edil de Servizos Sociais ía deixar sen comida a 58 persoas usuarias, dende o Concello de Ourense emítese un comunicado anunciando melloras no programa, afirmando que despois de case 5 anos gobernando eran coñecedores da baixa calidade do mesmo e sacando peito de que se aforran 90.000 euros de gasto anual desviando á Xunta de Galicia a responsabilidade do mantemento do mesmo nos vindeiros anos.

“E como é habitual tamén cando se produce un recurte social no Concello, anunciando simultáneamente calquera tipo de festexo para mover o foco e evitar falar do realmente importante, neste caso, as festas de O Couto”, rematou a tamén secretaria xeral do PSdeG en Ourense, Natalia González Benéitez.