A AGRUPACIÓN MUNICIPAL DO PSDEG DE OURENSE ORGANIZA UN ACTO, O 1 DE MAIO, PARA CONTINUAR RECLAMANDO OS DEREITOS DAS E DOS TRABALLADORES
Tamén haberá unha ofrenda floral diante do busto do fundador do partido, Pablo Iglesias Posse, ás 10.30 horas do vindeiro mércores, e intervirán o secretario comarcal da UGT, o secretario provincial e a secretaria xeral do PSOE en Ourense
“Esta data non debe ser para celebrar, senón para continuar loitando polos dereitos perdidos e todos aqueles que quedan por conquistar. Así como para esixir que se derruben os teitos de cristal que aínda continúan en pé”, sinalou Natalia González
Ourense, 29 de abril de 2024. A Comisión Executiva Municipal do PSdeG organiza, o vindeiro mércores 1 de maio, nunha ofrenda floral e no xa tradicional acto, xunto á UGT e o secretario provincial do partido, diante do busto do fundador do PSOE, Pablo Iglesias Posse. Intervirán no mesmo o secretario comarcal do sindicato en Ourense, Cristóbal Medeiros, o secretario provincial dos e das socialistas, Rafael R. Villarino, e a secretaria xeral do partido na cidade, Natalia González.
Despois da homenaxe e reivindicación por continuar mellorando as condicións laborais da clase traballadora e reducir a fenda salarial, que terá lugar ás 10.30 horas, a agrupación municipal tamén percorrerá as rúas de Ourense na manifestación convocada para o mediodía.
“Esta data non debe ser para celebrar, senón para continuar loitando polos dereitos perdidos e todos aqueles que quedan por conquistar. Así como para esixir que se derruben os teitos de cristal que aínda continúan en pé”, sinalou a tamén portavoz do grupo municipal no Concello de Ourense.


