1 de maio Executiva municipal de Ourense

Reivindicamos mellores salarios, menor xornada laboral e máis democracia

AS E OS SOCIALISTAS DE OURENSE REIVINDICARON UNHA REDUCIÓN DA XORNADA LABORAL, MELLORES SALARIOS E MÁIS DEMOCRACIA NO DÍA INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS

“O logrado non significa, nin moito menos, que xa esté todo feito. Non podemos renunciar a seguir loitando por mellores salarios, por unha reducción da xornada laboral ou por unha maior igualdade real e efectiva entre homes e mulleres”, sinalou a secretaria xeral da CEM, Natalia González

O secretario provincial, Rafael R. Villarino, afirmou que ante os retos do futuro só cabe “dar resposta dende o consenso e a aposta decidida pola política, pois tense demostrado ao longo que é a política quen determina a calidade de vida e o benestar da cidadanía”

Ourense, 1 de maio de 2024. A agrupación municipal do PSdeG-PSOE de Ourense homenaxeou a figura do fundador do partido, Pablo Iglesias Posse, no xa tradicional acto que realizan cada 1 de maio diante do seu busto. A secretaria xeral da Comisión Executiva Local, Natalia González, recordou todos os avances acadados polo goberno progresista de Pedro Sánchez no eido laboral este Día Internacional dos Traballadores e Traballadoras.

“O logrado non significa, nin moito menos, que xa esté todo feito. Non podemos renunciar a seguir loitando por mellores salarios, por unha redución da xornada laboral ou por unha maior igualdade real e efectiva entre homes e mulleres. Os dereitos laboráis son como as liberdades individuais, seguen en xogo”, recordou ante a denigración da democracia que dende o PP e Vox se está a levar a cabo.

Tamén interviron na conmemoración o secretario provincial dos e das socialistas, Rafael R. Villarino, e o secretario comarcal da UGT, Cristóbal Medeiros, como vén sendo habitual nesta cita que, ademais, contou coa presenza da deputada no Congreso, Marga Martín, ou a deputada no Parlamento de Galicia, Carmen R. Dacosta, entre outros cargos destacados e de XX.SS.

Villarino, pola súa banda, incidiu no inxente labor que dende o executivo central se está a facer de xeito transversal e que amosa resultados máis que óptimos non só nunhas condicións laboráis máis dignas dos traballadores e traballadoras, senón tamén nas cifras económicas do país. E lembrou datos como que o crecemento da economía é 5 veces superior ao de eurozona ou que España ostenta o liderado europeo na creación de postos de traballo, xerándose máis emprego que en Alemaña e Francia xuntas.

“Xurxo Doval, secretario xeral de XX.SS. é o claro exemplo de como membros de NN.XX. do PP insultan, dunha maneira aberrante, sumando unha gota máis ao xeito de actuar da dereita e ultradereita que pretende tapar os logros acadados pola esquerda”, destacou durante a súa quenda logo de coñecerse o acoso en redes sociais con descualificacións homófobas.

Medeiros incidiu en que Ourense necesita “unha política que cree emprego digno, estable e de calidade para garantir un futuro laboral sostible” e continuar protexendo os intereses de todos e todas.

“Todos sabemos como nace o Día Internacional do Traballador e quen foron os mártires de Chicago. Naqueles anos o que reclamaban era unha redución da xornada laboral. Pois ben, hoxe o lema deste primeiro de maio vai na mesma liña: menos xornada, mellores salarios e polo pleno emprego”, defendeu ante os asistentes ao acto.

Despois do acto, as e os socialistas participaron na manifestación que percorreu as rúas da cidade e que rematou diante da Subdelegación do Goberno.