Executiva municipal de Ourense ourense

Convidamos á cidadanía a participar na elaboración dun maio e a cantar as coplas o domingo na rúa do Paseo

A AGRUPACIÓN MUNICIPAL DO PSDEG DE OURENSE CONVIDA Á CIDADANÍA A PARTICIPAR NA ELABORACIÓN DUN MAIO, NA SEDE DO PARTIDO, O VENRES E O SÁBADO

O ano pasado participamos no certame por primeira vez e puidemos donar o recadado á Asociación Española Contra o Cancro (AECC). A experiencia foi moi gratificante”, sinala a secretaria xeral do PSOE, Natalia González

Nesta ocasión, o maio da Agrupación Municipal levará por nome ‘Ourense infinito’ e as e os socialistas desexan convidar tamñen á cidadanía a cantar a copla o propio domingo

Ourense, 2 de maio de 2024. Dende a Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense queren convidar á cidadanía a participar nunha das festas tradicionais máis importantes para a cidade: os maios. Por este motivo, a secretaria xeral, Natalia González Benéitez, explica que este ano abrirán as portas de sede do partido (na rúa Ribeira de Canedo, nº 24-26) para todas aquelas persoas que se animen á elaborar ou queiran aprender como é o proceso.

“O ano pasado participamos no certame por primeira vez e puidemos donar o recadado á Asociación Española Contra o Cancro (AECC). A experiencia foi moi gratificante e quixemos repetir achegándonos máis á cidadanía. Os e as que o desexen poderán vir á nosa sede mañá pola tarde, a partir das 17.00 horas, e o sábado, a partir das 18.00 horas”, afirma a tamén portavoz do grupo municipal socialista.

O maio deste ano da Agrupación Municipal levará por nome ‘Ourense infinito’ e as e os socialistas desexan convidar á cidadanía a cantar a copla o propio domingo, 5 de maio, na rúa do Paseo e desfrutar do ambiente festivo.

“As nosas coplas imos cantar

neste día de lecer

temos moito que dicir

sobre o que está a acontecer.

Sobre o que está a acontecer

na nosa bela cidade,

tanta tolemía

xa non hai quen a pare”.