Executiva Provincial de Ourense Memoria Democrática

Manifesto con motivo do Día de Recoñecemento ás Vítimas do Exilio

8 DE MAIO, DÍA DE RECOÑECEMENTO ÁS VÍTIMAS DO EXILIO

O Partido Socialista manifesta o seu recoñecemento ao preto de medio millón de españois e españolas que tiveron que exiliarse como consecuencia da guerra e a ditadura franquista

Durante a ditadura, o exilio republicano mantivo viva a chama da memoria democrática fose das nosas fronteiras, constituíndo nexos de cultura democrática que contribuíron a alcanzar aos acordos que deron como froito a Constitución de 1978 e o actual Estado Social e Democrático de Dereito. Por iso, as mulleres e os homes socialistas lembramos e rendemos homenaxe á súa loita polas liberdades, os dereitos e a convivencia pacífica.

E facémolo con ocasión do día 8 de maio, declarado pola Lei de Memoria Democrática como “Día de recordo e homenaxe ás vítimas do exilio” como consecuencia da Guerra e a Ditadura. Unha lei que o goberno socialista presidido por Pedro Sánchez impulsou, e que recoñece e declara expresamente a inxustiza que supuxo o exilio de moitos españois e españolas durante a guerra e a ditadura.

Un tributo que este ano ten máis sentido que nunca, cando asistimos en Europa e outros países a un rexurdimento de forzas de extrema dereita que banalizan un pasado tráxico que tanta destrución e sufrimento trouxo ao noso continente durante a Segunda guerra Mundial.

Por iso, reafirmamos os motivos polos que eliximos o 8 de maio de cada ano para esta homenaxe, porque é a data na que se celebra a vitoria europea sobre o fascismo e o nazismo, e que sinala a contribución dos homes e mulleres do exilio á derrota do fascismo, entrando a formar parte ineludible da memoria democrática europea.

Porque hai que lembrar con orgullo a participación do exilio republicano español na resistencia e nas loitas e frontes antifascistas europeos, que os levou en moitos casos para ser deportados a campos de concentración nazis entre 1940 e 1945, onde moitos atoparon a morte. Pero tamén que estes exiliados e exiliadas españois contribuíron decisivamente ao progreso dos seus países de acollida.

Por iso, as mulleres e homes socialistas españois de hoxe reafirmamos o noso compromiso a que a súa memoria siga viva, e para iso seguiremos desde o Goberno de España contribuíndo a rescatar o testemuño do seu legado mediante as conmemoracións como as de cada 8 de maio, con actos de homenaxe e declaracións de recoñecemento, en calquera lugar do mundo, como ata o de agora. Desde a praia de Argelès-sur-Mer ata as tumbas de Antonio Machado en Collioure ou Manuel Azaña en Montauban, desde Méjico ao norte de África, desde o paso dos Pireneos aos roteiros marítimos emprendidos polo Sinaia ou o Stanbrook.