Aínda que coa abstención de BNG e DO, tamén se aprobou a iniciativa de solidariedade con Palestina, instando a Israel a poñer fin “ao asedio e bombardeos indiscriminados sobre a civís” en Gaza
“Porque é de xustiza denunciar o sufrimento que padecen os palestinos, se poña fin ás masacres e se levante o bloqueo a prol do subministro de produtos básicos e axuda humanitaria”, sostivo deputado socialista Diego Fernández
Ourense, 28 de xuño de 2024. Aínda que coa abstención de BNG e DO, o Pleno da Deputación aprobou a iniciativa socialista de solidariedade con Palestina, instando ao Estado de Israel a poñer fin “ao asedio e bombardeos indiscriminados sobre a poboacións civís” na Franxa de Gaza. A moción do Grupo Provincial Socialista contemplaba unha proposta para que os grupos subscribiran unha declaración conxunta facendo énfase na “situación de desleixo e sufrimento do pobo palestino”, á que non se adheriron nin deputados nacionalistas nin do partido de Pérez Jácome. “Porque é de xustiza denunciar o sufrimento que padecen os palestinos, se poña fin ás masacres e se levante o bloqueo a prol do subministro de produtos básicos e axuda humanitaria”, sostivo deputado socialista Diego Fernández.
Afeando o sentido do voto do BNG, Fernández subliñou que “non se trata dunha moción de corte político, nin para vangloriar a deriva diplomática do goberno, nin para contrapoñer a visión duns partidos sobre outros, que existen, subscribindo nós mesmos posicións máis expeditivas contar o Estado agresor”. Porén, sostivo o deputado socialista, “o que se pretende neste instancia, na Deputación de Ourense, é mostrar unha fronte unida, manifestar a solidariedade dos nosos grupos políticos, facer todo o que estea na nosa man para paliar o drama en curso e chamar a atención da opinión pública provincial sobre unha catástrofe sen paliativos, non pudendo permanecer impasibles diante da exterminación dos palestinos”.
A proposta socialista, que finalmente foi aprobada polo voto maioritario do pleno, tamén contempla contempla que a Deputación de Ourense axude e coordine iniciativas para a recollida de axuda humanitaria entre concellos e organizacións de toda a provincia. “Debemos poñer todos os medios ao dispor da Deputación para recadar os aportes cidadáns e institucionais, dispoñendo de centros de recollida e almacenamento ou facilitando o transporte para poñer as achegas en mans de instancias e axencias habilitadas para conducir as achegas ata os damnificados palestinos, como poder ser a Cruz Vermella, entre outras”, afirmou Fernández. “Na medida das nosas posibilidades, non podemos manternos á marxe”, concluíu o deputado socialista.

