Concello de Ourense Economía SERVIZOS PÚBLICOS

O goberno de Jácome aínda non informou ao grupo socialista sobre a «situación económica» do Concello nin a problemática «en materia de persoal e seguridade cidadá»

O GRUPO SOCIALISTA SINALA QUE AÍNDA NON RECIBIU RESPOSTA POR PARTE DO GOBERNO DE JÁCOME SOBRE A “SITUACIÓN ECONÓMICA REAL” NIN SOBRE A PROBLEMÁTICA “EN MATERIA DE PERSOAL E SEGURIDADE CIDADÁ”

“A día de hoxe non obtivemos resposta algunha, máis ben todo semella empeorar por momentos”, afirma portavoz do PSdeG no Concello de Ourense, Natalia González

E engadiu que no dia de mañá o grupo municipal socialista celebrará a reunión onde decidirán, sinala, “con total autonomía e responsabilidade” cal será o posicionamento definitivo respecto ás modificacións de crédito

Ourense, 23 de setembro de 2024. O grupo municipal socialista manifestou na Xunta de Voceiros, que tivo lugar o venres pasado, a súa postura ao respecto das distintas modificacións de crédito que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e o equipo de goberno queren levar a pleno. A portavoz do PSdeG manifesta que esixirán “solucións urxentes” á problematica xerada propio rexedor “en materia de persoal e seguridade cidadá” e reclamou “información urxente sobre a situación económica real” do Concello de Ourense.

“A día de hoxe non obtivemos resposta algunha, máis ben todo semella empeorar por momentos”, afirma. E engadiu que no dia de mañá o grupo municipal socialista celebrará a reunión onde decidirán, sinala, “con total autonomía e responsabilidade” cal será o posicionamento definitivo.

“Agradecemos ao BNG que despois de gardar silencio tomara unha decisión definitiva e a trasladara públicamente, xa que como todos sabemos o executivo en minoría foi sacando adiante asuntos económicos pola ausencia dun fronte común dos tres partidos, principalmente, todo hai que dicilo, pola falla de valentía e independencia do grupo municipal do PP”, remata a tamén secretaria xeral do PSdeG en Ourense.