“Cambiou moito a financiación da Deputación polo traballo do PSdeG-PSOE, sendo capaces de loitar por este Plan que supón unha revolución para a provincia”, apunta a alcaldesa de Vilardevós. .
Ao contrario do que pasaba antes, agora repartimos en función do que os veciños van demandando, das urxencias e necesidades que realmente temos”, destaca esta Pérez Gamote.
“Reivindicación socialista de longa data, a Deputación rendeuse á evidencia da necesidade de adoptar sen un plan de reparto de fondos segundo criterios obxectivos”, subliña a deputada Elvira Lama.
Rexosende (Vilardevós), 4 de outubro de 2024. Deputadas do Grupo Provincial Socialista acudiron desta volta ao concello de Vilardevós para avaliar, en compañía da súa alcaldesa, Eva Pérez Gamote, o impacto do plan único de reparto de fondos da Deputación de Ourense (CooperOu), cuxos contornos e adopción débense ao traballo do PSdeG-PSOE.
“Este ano cambiou moito a financiación que provén da Deputación polo traballo do PSdeG-PSOE, sendo capaces as compañeiras e compañeiros de loitar por este Plan que supón unha revolución para a provincia e, por suposto, para o noso concello”, apuntou Pérez Gamote.
En Rexosende, onde se están a levar a cabo os traballos de reparación do centro social grazas aos fondos do CooperOu, a alcaldesa de Vilardevós evocou “outras actuacións”, en Soutochaou ou na propio Vilardevós, que tamén se están a desenvolver con cargo ao devandito Plan. “Ao contrario do que pasaba antes, agora repartimos en función do que os veciños van demandando, das urxencias e necesidades que realmente temos”, destaca esta.
Vilardevós percibía apenas 77.000 euros anuais. Coa entrada en vigor do CooperOu pasa a percibir, tralas dúas modificacións de crédito que o PSdeG-PSOE negociou co grupo de goberno do PP, de outubro de 2024 e de 2025, un total de 303.742 euros anuais. “Isto representa multiplicar case por cinco a capacidade de investimento dun concello coma iste”, apunta Lama.
Posibilidade de previsión para os concellos
“Sendo una reivindicación socialista de longa data, na que non deixamos de insistir e loitar, por fin neste 2024 a Deputación Provincial do PP rendeuse á evidencia de que non podía ser a única das galegas que non tiña un plan de cooperación cos concellos baseado nun reparto de fondos segundo criterios obxectivos”, explica a deputada provincial Elvira Lama.
Tal e como explicou Lama, “amais da importancia de poder levar a cabo proxectos necesarios para a veciñanza, a implementación do plan único permítenos saber os recursos que lle tocan a cada concello para vindeiros exercicios, pudendo planificar o mellor xeito de investir os cartos que chegan da Deputación”.

