O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA RECLAMA EXPLICACIÓNS PÚBLICAS SOBRE O SINISTRO NO QUE ESTARÍA IMPLICADO O EDIL DE URBANISMO E, DE CONFIRMARSE A INFORMACIÓN COÑECIDA, A SÚA DIMISIÓN
Denuncian, ademais e tal e como afirma a portavoz do PSdeG, Natalia González, a ocultación de información ao respecto por parte do executivo local ao solicitar en Xuntas de Área e por rexistro a mesma e non terse facilitado
“De confirmarse o sucedido, entendemos que o único camiño é o de formalizar a súa dimisión inmediata e pedir desculpas ante a gravidade dos feitos e a súa condición de cargo público”, engade
Ourense, 11 de outubro de 2024. Dende o grupo municipal socialista sinalan que, ante as informacións publicadas sobre o suposto accidente vial do edil de Urbanismo no Concello de Ourense, Francisco Lorenzo, tanto o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, como o propio concelleiro deberían ofrecer explicacións sobre o acontecido.
Denuncian, ademais e tal e como afirma a portavoz do PSdeG, Natalia González, a ocultación de información ao respecto por parte do executivo local ao solicitar en Xuntas de Área e por rexistro a mesma e non terse facilitado. “Reclamamos explicacións públicas a Jácome e ao seu concelleiro. E, de confirmarse o sucedido, entendemos que o único camiño é o de formalizar a súa dimisión inmediata e pedir desculpas ante a gravidade dos feitos e a súa condición de cargo público na Administración local”, sostén a socialista.
“Trátase dunha cuestión de coherencia, ética e responsabilidade. Independentemente de que pertenza a un partido político sen normas como Democracia Orensana”, remata sobre o asunto.

