concellos Deputación de Ourense Plan Coperou POLÍTICA PROVINCIAL

Salientamos en Verín o gran logro socialista coa posta en marcha do Plan Único da Deputación

O ALCALDE DE VERÍN SALIENTA O “GRAN LOGRO” SOCIALISTA QUE IMPLICA A POSTA EN MARCHA DO PLAN ÚNICO DA DEPUTACIÓN DE OURENSE PARA A COOPERACIÓN COS CONCELLOS DA PROVINCIA

“É una novidade moi ben recibida que nos permite poñer en marcha proxectos que o noso concello precisa e mesmo sanear a nosa Facenda”, afirma o alcalde verinés, Gerardo Seoane.

“Ao incremento substancial de recursos que chegan do CooperOu hai que engadir 40.000 euros adicionais que os socialistas conseguiron para os conservatorios da provincia”, subiña Seoane.

“O PP rendeuse á evidencia de non podía manter a distribución a dedo dos recursos, en función da afinidade ideolóxica dos municipios”, sostén a deputada provincial socialista Marina Vaz.

Verín, 11 de outubro de 2024. Membros do Grupo Socialista na Deputación de Ourense acudiron visitaron Verín en compaña do seu alcalde, Gerardo Seoane, para dar conta da pegada do plan único de reparto de fondos da Corporación Provincial (CooperOu), aprobado grazas á iniciativa e traballo do PSdeG-PSOE.

“É un gran logro, una novidade moi ben recibida, que esperemos se manteña no tempo para poder planificar e organizar, xa que nos permite poñer en marcha proxectos que o noso concello precisa e mesmo sanear a nosa Facenda”, afirma Seoane.

O rexedor verinés acompañou aos deputados provinciais a visitar varias obras que se están a desenvolver grazas ao CooperOu. Entre estas, o asfaltado da estrada de Vences, cun orzamento de 120.000 euros, o asfaltado do acceso ao Polígono en varias fases, cun monto de 85.000 e 48.000 euros respectivamente, ou mesmo a entrada de Vilela ao Hospital de Verín, por valor de 40.000 euros.

“Sabendo o que nos toca percibir de antemán e sabendo que os recursos chegan ano tras anos, podemos repartir en función do que os veciños van demandando, das urxencias e necesidades que realmente temos”, destaca o rexedor verinés.

O Concello de Verín percibía apenas 77.000 euros anuais. Coa entrada en vigor do CooperOu pasa a percibir 422.993 euros que, tras dúas modificacións de crédito que o PSdeG-PSOE negociou co grupo de goberno do PP, en outubro de 2024 e abril de 2025, ascende a un total de 580.993 euros anuais.

“Ao incremento substancial de recursos que chegan do CooperOu hai que engadir 40.000 euros adicionais que os socialistas conseguiron da Deputación para os conservatorios da provincia”, conclúe Seoane.

Acabar co reparto de fondos a dedo do PP

“Hai moitos anos que os socialistas ourensáns loitamos por un financiamento xusto para os nosos concellos, baseado en criterios obxectivos, o cal acadamos non sen un arduo esforzo negociador, por fin, neste exercicio 2024 e para os vindeiros”, explica Marina Vaz, deputada socialista do Riós.

Segundo esta, “o PP rendeuse á evidencia de que a Deputación de Ourense non podía ser a única das galegas que non dispuña dun plan de cooperación cos concellos baseado nun reparto xusto, mantendo até este exercicio unha distribución a dedo dos recursos, en función da afinidade ideolóxica dos municipios”.