AS SOCIALISTAS PIDEN A PP E DO QUE DEIXEN DE ELUDIR AS SÚAS RESPONSABILIDADES E TRABALLEN E INVISTAN MÁIS NAS POLÍTICAS SOCIAIS PARA AS FAMILIAS OURENSÁS MÁIS VULNERABLES
A deputada no Congreso Marga Martín lembra que o Goberno de Pedro Sánchez destinou “4 veces máis orzamento para políticas sociais que o do PP” e que o executivo da Xunta de Galicia eliminou as tarxetas moedeiro no 2022
A deputada no Parlamento Carmen Rodríguez sinala que Gonzalo Pérez Jácome agora recrimina falta de axudas ao partido que o fixo alcalde cando hai uns meses chegou a afirmar que “en Ourense ninguén pasa fame”
Ourense, 20 de outubro de 2024. Logo de que o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, sinalase á Xunta de Galicia como responsable de cortar os fondos das tarxetas moedeiro e que dende o goberno autonómico se desentendesen culpando ao Executivo de Pedro Sánchez, a deputada do socialista no Congreso Marga Martín Rodríguez lembra que foi precisamente este último o que destinou “4 veces máis orzamento para políticas sociais do que se aportaba co Goberno do PP”.
A tamén secretaria de Políticas Sociais do PSdeG explica que o Goberno de España puxo en marcha, co Fondo Social Europeo Plus (FSE+), as novas tarxetas moedeiro a través do programa Básico en abril deste ano. “Trátase dunha axuda que se destina a familias en condicións extremas de vulnerabilidade con nenas, nenos ou adolescentes ao seu cargo, atendendo así ao obxectivo de reducir a pobreza infantil que a Comisión Europea fixou como prioritario”, explica.
“A Xunta de Galicia é a que ten as competencias en materia de Política Social e no 2022 decidiu eliminar as tarxetas moedeiro, deixando a miles de familias sen unha axuda fundamental, esgrimindo como razón para facelo a mellora das condicións económicas cando aquel ano, por mor da guerra en Ucraína, se acadaron cifras históricas de inflación. Tivo que ser o Goberno central o que, unha vez máis, acudise ao rescate das familias galegas poñendo en marcha unha nova tarxeta moedeiro, que só é un complemento ás axudas que para as máis vulnerables ten a obriga de ofertar o executivo de Alfonso Rueda”, aclara.
Pola súa banda, a deputada do PSdeG no Parlamento de Galicia Carmen Rodríguez Dacosta engade que o goberno de Democracia Orensana non se caracteriza precisamente por facer propostas, dende as súas competencias, para mellorar as políticas sociais. “Fulminou o Comedor sobre Rodas; o programa Educocio; deixou entidades do terceiro sector sen axudas, malia cumprir cos requisitos; e o mesmo aconteceu coas bolsas de comedor para familias con poucos recursos. Agora está pendente de renovación o Servizo de Axuda no Fogar”, enumera a socialista. Todo elo recordando, ademais, que o rexedor chegou a afirmar nalgunha ocasión que “en Ourense ninguén pasa fame”.
Cualifican as deputadas a situación, así as cousas, como “desoladora” e lamentan que a situación das persoas máis vulnerables ou en risco de exclusión só incite en DO e o PP a botar balóns fora mentres deixan sen dar resposta ás necesidades máis básicas dos demandantes destes programas.

