A COMISIÓN EXECUTIVA MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE DE OURENSE ORGANIZA UN ACTO PARA HOMENAXEAR ÁS VÍTIMAS DA GUERRA CIVIL E O FRANQUISMO
O encontro terá lugar o vindeiro luns, 28 de outubro, ás 19.30 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel e nel se abrodará, entre outros aspectos, a Lei de Memoria Democrática
Contará coas intervencións da secretaria xeral, Natalia González, o secretario de Memoria Democrática, Xosé Lois Carrión, así como o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e a secretaria xeral de XX.SS. de Ourense, Alba Iglesias
Ourense, 21 de outubro de 2024. A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE, da man da secretaria xeral, Natalia González, o secretario de Memoria Democrática, Xosé Lois Carrión, así como o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e a secretaria xeral de XX.SS. de Ourense, Alba Iglesias, homenaxeará ás vítimas da guerra civil e o franquismo o vindeiro luns, 28 de outubro, cun acto que terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Trátase dunha homenxa que non só recorda ás persoas asasinadas, tamén a aqueles que tiveron que exiliarse ou resultaron presas en cárceres e campos de concentración ou traballo, ademais de abordar distintos aspectos da Lei de Memoria Democrática aprobada hai dous anos nas Cortes Xerais. “Esta normativa fundaméntase no firme convencemento de que o coñecemento do noso pasado recente contribúe a asentar a nosa convivencia sobre bases máis firmes, protexéndonos de repetir os seus erros”, destaca Natalia González.
Pola súa banda, Xosé Lois Carrión engade que a lei “sitúa ás vítimas da guerra e da ditadura franquista no centro da acción pública e das políticas de memoria democrática, que teñen por obxecto dar cumprimento aos principios do dereito internacional dos dereitos humanos de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición”.
A asistencia ao acto será de balde, ata completar aforo, e comezará ás 19.30 horas o próximo luns.


