A AGRUPACIÓN MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE DE OURENSE CELEBRA O SEU TRADICIONAL MAGOSTO POPULAR NO TELECLUB DE PALMÉS
A cita gastronómica contará coa actuación musical da charanga Filatrónika Dr. Anchoa e terá lugar no Teleclub de Palmés a un prezo de 5 euros
As entradas poden adquirirse na sede do partido (rúa Ribeira de Canedo), na oficina do grupo municipal socialista (rúa da Barreira) ou no propio Teleclub
Ourense, 7 de novembro de 2024. A agrupación municipal do PSdeG-PSOE de Ourense celebra este venres un magosto popular aberto á cidadanía que desexe participar. A iniciativa diríxese, na liña das actividades programadas ao longo de todo este ano dende a Comisión Executiva Municipal, para achegar aos e ás ourensás ao partido e defender a cultura e tradicións da cidade.
A cita gastronómica, que contará coa actuación musical da charanga Filatrónika Dr. Anchoa, será no Teleclub de Palmés a un prezo de 5 euros. O menú inclúe costela de porco, empanada, chourizos, castañas, bica, bebidas e café e, ademais, haberá animación infantil para a cativada (os e as menores de 10 asisten de balde). As entradas poden adquirirse na sede do partido (rúa Ribeira de Canedo), na oficina do grupo municipal socialista (rúa da Barreira) ou no propio Teleclub.
A celebración terá lugar a partir das 20.00 horas e para as persoas que desexen asistir sen desprazar o seu vehículo porase un autobús gratuito de ida e volta con saída dende o parque San Lázaro e a Estación Intermodal.


