Denuncias SENADO

Esiximos que o PP reclame a acta de Baltar tras ser condenado por un delito penal

O PSOE ESIXE QUE O PP NO SENADO RECLAME O ACTA A JOSÉ MANUEL BALTAR TRAS SER CONDENADO POLO TRIBUNAL SUPREMO

O ex presidente da Deputación de Ourense é senador autonómico por Galicia designado polo PP e presidente da Comisión de Despoboamento e Reto Demográfico da Cámara Alta

O Grupo Parlamentario Socialista no Senado esixe ao PP na Cámara Alta que reclame a acta ao senador autonómico por Galicia, José Manuel Baltar. O Tribunal Supremo ha considerado hoxe culpable ao ex presidente da Deputación de Ourense nunha sentenza firme por cometer un delito contra a seguridade viaria. O TS sentenciou que se trata dunha “verdade incontestable” que o senador do PP circulou a máis de 200 km/hora nunha vía cuxo límite é de 120km/h.

“É o momento da exemplaridade”, asegurou o senador socialista por Ourense, Rafael Rodríguez Villarino. “Desde o Partido Socialista cremos tamén que esta sentenza conleva a entrega da acta como senador por parte de José Manuel Baltar”.

“O PP reservou para Baltar a máis alta honra”

O parlamentario socialista ha lembrado que “o PP reservou para Baltar o máis alta honra ao designarlle senador autonómico” e tamén lembrou que o hoxe condenado segue sendo o presidente da Comisión de Despoboamento e Reto Demográfico da Cámara Alta.

A xuízo dos socialistas, estes cargos son incompatibles coa condena por un delito contra a seguridade viaria, xa que non se pode “poñer en risco a vida dos demais”, subliñou Rodríguez Villarino, que lembrou que “Feijóo limitouse a dicir que Baltar cumprirá a sentenza, faltaría máis. Un senador debe ser unha persoa que dea exemplo á cidadanía, e non alguén que poña en risco as súas vidas”, concluíu.