concellos INICIATIVAS

O PSOE de Viana logra que o concello renegocie o convenio de cesión da recadación ca Deputación

O PSDEG-PSOE DE VIANA DO BOLO LOGRA QUE O CONCELLO RENEGOCIE COA DEPUTACIÓN DE OURENSE O CONVENIO DE CESIÓN DA RECADACIÓN DE IMPOSTOS PARA A REAPERTURA DA OFICINA DE RECADACIÓN QUE O ENTE PROVINCIAL TEN NO MUNICIPIO

As e os socialistas explican que “tras varios anos pelexando por acadar este compromiso por parte do goberno local, nesta mesma semana conseguimos que o alcalde presente un escrito denunciando o convenio”

“A carta foi presentada o luns desta semana e comunicóuselle á Deputación a apertura do período de renegociación do convenio”, sinala Germán García-Ávila, que tamén apunta que “agora a pelota está no tellado do concello e agardamos que lle esixa á Deputación de Ourense a reapertura da oficina”

O PSOE vianés presentou ata tres mocións neste senso, en novembro de 2023, en xullo de 2024 e en novembro de 2024 que foron aprobadas por unanimidade, pero o goberno local “nada fixo entón”

Viana do Bolo, 29 de xaneiro de 2025. O PSdeG-PSOE de Viana do Bolo logra que o concello renegocie ca Deputación Provincial de Ourense o convenio de cesión da recadación de impostos para a reapertura da oficina de recadación que o ente provincial ten na vila. As e os socialistas explican que “tras varios anos pelexando por acadar este compromiso por parte do goberno local, nesta mesma semana conseguimos que o alcalde presente un escrito denunciando o convenio”.

Dende o Grupo Municipal Socialista explican que este mesmo luns recibiron a carta que o concello lle trasladará á Deputación ca denuncia do convenio e tal e como apuntan “xa só falta que o alcalde esixa na renegociación do mesmo, a apertura da oficina de cobro de impostos”. As e os socialistas lembran que levan anos pelexando por este obxectivo e xa o 16 de novembro de 2023 presentaron unha moción neste senso, que “foi aprobada por unanimidade, pero o goberno local nada fixo ao respecto”. Ante esta situación, o PSOE vianés volveu presentar a moción con datas 18 de xullo de 2024 e 21 de novembro de 2024, “sendo aprobadas novamente, pero sen que o concello movese ficha ao respecto”.

O voceiro do PSdeG-PSOE en Viana do Bolo, Germán García-Ávila Arias, destaca que “o convenio vence o 31 de xullo de 2025, polo que neste mes de xaneiro volvemos a facer presión ao goberno local para que solucionase o tema antes de final de mes, posto que hai 6 meses de marxe para denuncialo”. Tal e como explica o voceiro socialista “o pasado 16 de xaneiro celebrouse un pleno para aprobar unhas facturas de 2024 con cargo a 2025 e votamos en contra, pero abrindo a posibilidade de poder revisar ditas facturas e pagar as máis importantes, especialmente aquelas que tiñan que ver con provedores de Viana”.

Fai uns días celebrouse unha reunión para o pago de ditas facturas e a proposta do PSdeG-PSOE de Viana do Bolo para a aprobación das mesmas levaba como condición que se tiña que presentar unha carta ante a Deputación para denunciar o convenio da recadación de impostos. “A carta foi presentada o luns desta semana e comunicóuselle á Deputación a apertura do período de renegociación do mesmo”, sinala Germán García-Ávila, que tamén apunta que “agora a pelota está no tellado do concello e agardamos que lle esixa á Deputación de Ourense a reapertura da oficina e revisar que tipo de comisións se cobran pola xestión de impostos que o concello delega no ente provincial”.

O concello de Viana do Bolo e a Deputación Provincial de Ourense asinaron en 2008 un convenio polo cal o concello lle cedía á Deputación a postestade de cobrar os impostos municipais. Foi subscrito por 5 anos e as renovacións realizábanse cada 4 anos. O convenio vencía o 31 de xullo de 2025 e contemplaba unha cláusula pola cal se podía denunciar para que quedase un vigor cunha marxe de 6 meses, que vence este venres 31 de xaneiro.