Concello de Ourense SERVIZOS PÚBLICOS

Esiximos ao alcalde que se poña a traballar para sacar adiante as concesións en precario

AS E OS SOCIALISTAS ESIXEN AO ALCALDE QUE SE SENTE A FALAR COS E CAS EMPREGADAS DO LIXO E SE POÑA A TRABALLAR PARA SACAR ADIANTE AS CONCESIÓNS EN PRECARIO, QUE XA TEÑEN UN CUSTE DE MÁIS DE 60 MILLÓNS

A caída do contrato de recollida de lixo e limpieza viaria súmase ao malogrado contrato do transporte urbano

A edil do PSdeG María Fernández lembra que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, non propuxo solucións nin escoitou aos e ás empregadas durante os últimos 2 anos

Ourense, 25 de febreiro do 2025. A precariedade contractual da concesión da recollida do lixo e limpeza urbana faise cada día máis patente segundo o grupo municipal socialista do Concello de Ourense. «Agora se cobra uns novos e novas damnificadas: os traballadores e traballadoras do servizo que xa convocaron unha folga xeral para o fin de semana que vén, coincidindo co Entroido», explica a edil do PSdeG María Fernández.

E lembra que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, non propuxo solucións nin escoitou aos e ás empregadas durante os últimos 2 anos que ven, tamén, como caeron os pregos para a nova contratación sen visos de que se vaian a elaborar conforme ás súas necesidades.

«Non reclaman simplemente melloras salariais, senón a aplicación da legalidade vixente, melloras conforma ao IPC real e que os pregos contemplen que a suba non se retrotraia ao ano 2023 e que sexa efectiva dende a actualidade», sinala a socialista sobre algúns dos dereitos que piden, así como o dunha mellor conciliación.

Neste senso, as e os edís do PSdeG esixen ao rexedor que se sente a falar cos e cas traballadoras e se poña a traballar para sacar sacar adiante todas as concesións que actualmente se atopan en precario e supoñen un prexuizo para os servizos básicos.