Parlamento de Galicia PSdeG urbanismo

Reclamaremos no Parlamento que se corrixan as obras realizadas na contorna do centro de saúde de A Ponte

AS E OS SOCIALISTAS RECLAMARÁN NO PARLAMENTO QUE SE CORRIXAN AS OBRAS REALIZADAS NA CONTORNA DO CENTRO DE SAÚDE DA PONTE E COÑECER CAL FOI O ROZAMENTO DESTINADO A ELA

En concreto, as e os socialistas reclamarán, da man da deputada Carmen Rodríguez Dacosta, que se retiren os neumáticos empregados e se “mude o céspede artificial por unha alternativa respectuosa co medio ambiente”

O PSdeG sinala que “as actuacións en materia de Urbanismo deberían implicar maior rigor no canto de atentar contra a saúde da cidadanía”

Ourense, 12 de marzo de 2025Logo de denunciar a portavoz do grupo municipal socialista, Natalia González Benéitez, a “chapuza” que a Xunta de Galicia levou a cabo arredor do centro de saúde de A Ponte, o grupo parlamentario do PSdeG presentará unha batería de iniciativas para instar ao goberno autonómico a que corrixa “á maior brevidade” a intervención realizada na contorna das instalacións sanitarias.

En concreto, as e os socialistas reclamarán, da man da deputada Carmen Rodríguez Dacosta, que se retiren os neumáticos empregados e se “mude o céspede artificial por unha alternativa respectuosa co medio ambiente”. Nesta liña, o PSdeG sinala que “as actuacións en materia de Urbanismo deberían implicar maior rigor no canto de atentar contra a saúde da cidadanía”.

Así mesmo, preguntarán ao executivo de Alfonso Rueda non só se considera que a intervención realizada é a adecuada e sostible medioambientalmente, senón cal foi o orzamento destinado a ela e se vai retirar os microplásticos e o céspede artificial.

“Non é a primeira vez que o goberno galego atenta contra o centro de saúde de A Ponte posto que xa foi presa de converterse nunha glorieta coa construción da estación de autobuses”, remata lembrando a socialista.