O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA CONFIRMA QUE O GOBERNO DE DO DEU O VISTO BO ÁS OBRAS DO CIS NOVOA SANTOS E QUE NON RECEPCIONARÁ A CHAPUZA DA SENDA DAS CALDAS DA XUNTA DE GALICIA
Insisten en que presentarán no Parlamento de Galicia, no día de hoxe, a través da deputada Carmen Rodríguez Dacosta unha batería de iniciativas ante a preocupación cidadá polas inminentes obras de demolición do CIS Novoa Santos e a futura reestruturación do servizo
Despois de informar o executivo local sobre un novo camping de iniciativa privada que se proxectaría en Regoalde (Beiro) afirmou o concelleiro, a preguntas da portavoz do PSdeG, que descartan recuperar o camping de Untes
Ourense, 18 de marzo de 2025. A preguntas da voceira socialista no Concello de Ourense, Natalia González Benéitez, durante as Xuntas de Área desta mañá o edil do goberrno de DO responsable da carteira de Urbanismo non descartou volver a recuperar o proxecto de rehabilitación do edificio da rúa Trinidade 5, do que acaban de devolver un millón de euros de fondos europeos concedidos para a sua recuperación.
“Ademais, coñecemos que seguimos sen novas a día de hoxe do novo balneario de iniciativa privada, anunciado hai meses polo alcalde a bombo e platillo, no entorno das Caldas e que nin sequera pediron licenza para elo a día de hoxe”, explica a socialista logo da reunión.
No que atinxe a outras actuacións que se están a acometer na cidade, o goberno local respondeu tamén que non recepcionará a chapuza das obras na senda das Caldas que está a levar a cabo a Xunta de Galicia.
Por outra banda, e despois de informar o executivo local sobre un novo camping de iniciativa privada que se proxectaría en Regoalde (Beiro) afirmou o concelleiro, a preguntas da portavoz do PSdeG, que descartan recuperar o proxecto do camping de Untes.
Así mesmo, as e os socialistas insisten en que presentarán no Parlamento de Galicia, no día de hoxe, a través da deputada Carmen Rodríguez Dacosta unha batería de iniciativas ante a preocupación cidadá polas inminentes obras de demolición do CIS Novoa Santos e a futura reestruturación do servizo.

