NATALIA GONZÁLEZ, REELIXIDA COMO SECRETARIA XERAL DA AGRUPACIÓN LOCAL DO PSDEG DE OURENSE, CO RESPALDO DO 97,2% DOS VOTOS EMITIDOS
Xurxo Doval Blanco, secretario xeral das XSG, será o novo vicesecretario xeral da Comisión Executiva Municipal representando a continuidade na aposta pola xente nova dos tres últimos anos
José Ramón Fernández Morgade renova a súa responsabilidade como secretario de Organización do partido
Ourense, 1 de xuño de 2025. Natalia González Benéitez, resultou reelixida para continuar co seu labor como secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Ourense logo de tres anos á fronte do partido na cidade e nos que os piares fundamentais foron a unidade, a igualdade e escoitar o sentir dunha sociedade en continuo movemento. «En marzo de 2022 comezamos unha nova e ilusionante etapa cuxo gran reto era percorrer as rúas, encher as prazas e loitar contra o esquecemento e a apatía que espertan a desilusión e a desmemoria», afirmou durante a asemblea extraordinaria que tivo lugar esta mañá.
Normalizar e dinamizar o partido, logo de demasiado tempo de enfrontamentos e liortas, foi o eixo transversal que impulsou á Comisión Executiva Municipal (CEM) do PSdeG na cidade dende o seu comezo. “Aínda a pesar do sufrimento electoral dos comicios vividos a nivel nacional, autonómico e municipal neste período de tempo, a desafección cidadá coa política e a proliferación do populismo e a ultradereita, transformamos o ruído e a división en traballo e cohesión”, destacou.
“Apostamos dende o primeiro momento por situar ás mulleres e a xente moza no epicentro da nosa acción e reivindicación política. O lugar que lles correspondía xogando un papel esencial e cun obxectivo definido: conformar o mellor equipo posible sen perder o contacto coa realidade e a sensibilidade social. Porque a sociedade conformámola todos e todas. E escoitar, empatizar e comprender está no ADN do socialismo. Non se entende un PSOE sen o feminismo, a equidade e a forza centrípeta que aporta a ilusión da xuventude”, subliñou ante a militancia.
Máis de 250 visitas e reunión con entidades e colectivos, máis de 100 actos e máis de 50 reunións da CEM foi o balance final destes tres anos. «Non hai reto máis bonito, e máis ilusionante, que ser secretaria xeral desta Agrupación Municipal e quero agradecer a todos e todas as que me acompañaron estes anos con xenerosidade e lealdade», destacou durante a súa intervención.
Pola súa banda, o secretario de Organización da Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE, José Ramón Fernández Morgade, que continuará nesta nova etapa desenvolvendo o mesmo traballo imprescindible para o funcionamento do partido na cidade, agradeceu á secretaria xeral a súa implicación e traballo para que toda a actividade programada ao longo destes 3 anos saíse adiante e enchese as rúas ofrecendo unha alternativa ao baleiro do goberno local en eidos como os dereitos LGBTI, a cultura e identidade galegas ou o feminismo.
Tamén o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Ourense (XSO9, Miguel Gómez, agradeceu á súa homónima no partido a implicación e o apoio á organización moza e valorou a aposta e o respaldo que sempre ofreceu á xente nova que tamén estará representada nesta nova etapa.
Así as cousas, resultaron elixidos e elixidas pola militancia para a Comisión Executiva Municipal (CEM), co 97,2% dos votos emitidos, os e as seguintes:
- SECRETARÍA XERAL: Natalia González Beneitez
- VICESECRETARÍA XERAL: Xurxo Doval Blanco
- SECRETARÍA DE ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN: José Ramón Fernández Morgade
- SECRETARÍA DE IGUALDADE: Margarita Martín Rodríguez
- SECRETARÍA DE ACCIÓN ELECTORAL E PORTAVOCÍA: María Fernández Ojea
- SECRETARÍA DE POLÍTICA MUNICIPAL: Erica Conde Vázquez
- SECRETARÍA DE MOBILIZACIÓN E CASA DO POBO: Rosa Martínez Rodríguez
- SECRETARÍA DE POLÍTICA SOCIAL: Bibiana Paz Pereira
- SECRETARÍA DE SANIDADE: Amelia Rodríguez Rodríguez
- SECRETARÍA DE ECONOMÍA E FACENDA: Antonio Paradela Blanco
- SECRETARÍA DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO E VIVENDA: Alba Iglesias García
- SECRETARÍA DE TERMALISMO E TURISMO: Federico Pérez Mato
- SECRETARÍA DE MEDIO AMBIENTE: Celso Nóvoa González
- SECRETARÍA DE TRANSPORTE E MOBILIDADE SOSTIBLE: Bautista Rodríguez García
- SECRETARÍA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ: Rosa Rodríguez Tejera
- SECRETARÍA DE EDUCACIÓN: Sira Yebra González
- SECRETARÍA DE CULTURA E LINGUA: Manuel Freire Cid
- SECRETARÍA DE FORMACIÓN: María Teresa Ansias Bacelar
- SECRETARÍA DE COMUNICACIÓN E REDES: Edith Filgueira Rodríguez
- SECRETARÍA LGTBI: Bryan Josué Álvarez Lacayo
- SECRETARÍA DE DEPORTE: Borja López Trigás
- SECRETARÍA DE EMPREGO E ACCIÓN SINDICAL: José Ángel Carreira Martín
- SECRETARÍA DE COMERCIO E INDUSTRIA: Rubén Amorín Díaz
- SECRETARÍA DE MEMORIA DEMOCRÁTICA: Francisco J. Quintas Ferreño
- Sª ADXUNTA POLITICA SOCIAL E IGUALDADE: Ainoa Rodríguez Álvarez
- Sª ADXUNTA MEDIO AMBIENTE, TRANSPORTE E MOBILIDADE: Juan A. Rey Pérez
- Sª ADXUNTA EDUCACIÓN E FORMACIÓN: Antonio Blanco Rodríguez
- Sª ADXUNTA PARTICIPACIÓN CIDADÁ: José Luis Regal Lamelo
Como representantes da Agrupación Municipal para o Comité Nacional (CN), co 82,5% dos votos emitidos:
1. ALBERTO FERNÁNDEZ
2. OLALLA MEIRIÑO LÓPEZ
3. XOSÉ LOIS CARRIÓN GONZÁLEZ
4. ROSA MARTÍNEZ RODRÍGUEZ
5. FEDERICO PÉREZ MATO
6. MARÍA TERESA ÁNSIAS BACELAR
7. MIGUEL ÁNGEL RODRÍGUEZ OJEA
8. SUSANA BAYO BESTEIRO
9. JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ
E como representantes da Agrupación Municipal para o Comité Provincial (CP), co 98% dos votos emitidos:
1. JOSÉ RAMON FERNÁNDEZ MORGADE
2. ALBA IGLESIAS GARCÍA
3. ELADIO GOMEZ ROSALES
4. ELENA DE PRADA CREO
5. CELSO NÓVOA GONZÁLEZ
6. AINOA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ
7. DAVID VALDERAS DOMARCO
8. KATIA FERREIRA GOMEZ
9. JOSÉ LUIS BRAVO MONTERO
10. AMELIA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
11. ANTONIO PARADELA BLANCO
12. NOELIA VILA SEIJAS
13. RUBEN PUGA RAMOS
14. MARIA JOSÉ REY PÉREZ
15. CARLOS GUSTAVO HÜTTNER SÁNCHEZ
16. CRISTINA GONZÁLEZ CID

