Concello de Ourense ourense VIOLENCIA DE XÉNERO

Valoramos positivamente que Ourense vaia a contar cun xulgado especializado de violencia sobre a muller

AS E OS SOCIALISTAS DESTACAN A RELEVANCIA NA ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER QUE SUPORÁ QUE OURENSE CONTE CUN XULGADO ESPECIALIZADO PARA ESTES CASOS

Isto vai a redundar nunha maior velocidade de resposta pero, sobre todo, suporá unha maior calidade na atención ás vítimas. Esta medida amosa unha clara aposta do Goberno por Ourense e pola protección ás mulleres que padecen este tipo de violencia machista”, sinala a deputada no Congreso Marga Martín

O anuncio chega xusto despois duns meses funestos para Ourense no que respecta á violencia de xénero, pero o Executivo de Pedro Sánchez está a responder dotando de medios a loita contra o machismo”, engade a portavoz do PSdeG no Concello de Ourense, Natalia González

Ourense, 4 de xuño de 2025. Logo de que o Consello de Ministros aprobase onte un Real Decreto para a creación de 50 nuevas prazas de xuíces e xuízas especializadas en Violencia sobre a Muller en toda España, Ourense contará cunha sección específica para abordar estes casos. “É unha boa nova que un destes órganos se cree en Ourense para levar en exclusiva, tamén, os de violencia sexual contra as mulleres”, destaca a deputada no Congreso Marga Martín.

“Isto vai a redundar nunha maior velocidade de resposta pero, sobre todo, suporá unha maior calidade na atención ás vítimas. Esta medida amosa unha clara aposta do Goberno por Ourense e pola protección ás mulleres que padecen este tipo de violencia machista”, afirma valorando a medida, recentemente anunciada, que facilitará brindar unha atención especializada e máis eficaz.

Así as cousas, pasarán a integrarse como seccións especializadas dentro dos Tribunais de Instancia, tal e como establece a Lei Orgánica 1/2025 de Eficiencia do Servizo Público de Xustiza. “O anuncio chega xusto despois duns meses funestos para Ourense no que respecta á violencia de xénero tras coñecerse o caso da muller de 76 anos asasinada en O Bolo a comezos de abril, o incidente acontecido no Barco de Valdeorras no que unha muller saltou dun cuarto piso pola fiestra para escapar do seu suposto agresor, e a muller que tivo que ser hospitalizada tras recibir dous impactos de bala en Verín. O Executivo de Pedro Sánchez está a responder de xeito contundente dotando de medios a loita contra o machismo”, remata a portavoz do grupo do PSdeG no Concello de Ourense, Natalia González.