Concello de Ourense urbanismo

Reclamamos un proxecto de remodelación integral do parque da Alameda de A Ponte e unha partida nos Orzamentos 2025

AS E OS SOCIALISTAS DO CONCELLO DE OURENSE RECLAMARÁN A REDACCIÓN E EXECUCIÓN DUN PROXECTO DE REMODELACIÓN INTEGRAL DO PARQUE DA ALAMEDA DE A PONTE E UNHA PARTIDA PARA ELO NOS ORZAMENTOS DE 2025

Estamos ante un refuxio climático de referencia na nosa cidade e por iso o grupo municipal socialista reclamará que, nos próximos orzamentos, se inclúa unha partida para acondicionalo e o seu bo mantemento”, expón a voceira do PSdeG no Concello de Ourense, Natalia González

Consideramos que o parque máis histórico e emblemático do barrio de A Ponte, un lugar de encontro interxeracional para pontinos e pontinas e veciñanza de Ourense, merece unha actuación importante que mude a súa faciana por completo”, engade

Ourense, 24 de xuño de 2025. Hai case 57 anos, o 18 de xullo de 1968 inaugurábase o parque da Alameda de A Ponte (entre a Avenida de Santiago, a Avenida das Caldas, a rúa Vicente Risco e Francisca Herrera). O novo parque nacía do aproveitamento do solar que anteriormente ocupaba a segunda estación ferroviaria do Concello de Canedo e que naquel momento levaba anos sen uso. Actualmente, o seu estado de abandono resulta evidente a simple vista e as e os socialistas levarán ao vindeiro pleno ordinario municipal do mes de xullo unha iniciativa para solicitar a redacción e execución dun proxecto de remodelación integral deste espazo emblemático.

“Estamos ante un refuxio climático de referencia na nosa cidade e por iso o grupo municipal socialista reclamará que, nos próximos orzamentos, se inclúa unha partida para acondicionalo e o seu bo mantemento”, expón a voceira do PSdeG no Concello de Ourense, Natalia González.

Despois de preto de seis décadas dende a súa inauguración, os xogos infantís atópanse moi deteriorados, a meirande parte das papeleiras están rotas, a proliferación de maleza en certas zonas excede as condicións óptimas de salubridade, a fonte presenta unha imaxe de suciedade e o sen funcionamento e entorno vese cheo de pintadas e descoidado. “Consideramos que o parque máis histórico e emblemático do barrio de A Ponte, un lugar de encontro interxeracional para pontinos e pontinas e veciñanza de Ourense, merece unha actuación importante que mude a súa faciana por completo, non parches ou apaños que non solucionan absolutamente nada, como foi o realizado pola Xunta de Galicia durante o mandato de Jesús Vázquez”, remata a tamén secretaria xeral do partido na cidade.