Executiva municipal de Ourense PSdeG

Continuamos achegándonos á cidadanía coa vista posta nas eleccións municipais

A NOVA COMISIÓN EXECUTIVA LOCAL DO PSDEG DE OURENSE CONTINUARÁ ACHEGÁNDOSE Á CIDADANÍA INNOVANDO E COA VISTA POSTA NAS ELECCIÓNS MUNICIPAS DE 2027

O obxectivo é seguir na mesma dinámica de actividade aproveitando as reunións para proponer liñas de actuación política e unha programación que achegue o partido á cidadanía e viceversa”, expuxo a secretaria xeral dos e das socialistas na cidade, Natalia González

“Debemos continuar innovando para promover a participación na vida activa do partido; tanto da militancia, en particular, como dos e das ourensás, en xeral”, engadiu

Ourense, 3 de xullo de 2025. A Comisión Executiva Municipal do PSdeg-PSOE de Ourense celebrou a súa primeira reunión de constitución na que, ademais, trazou o mecanismo de colaboración entre as distintas áreas de responsabilidade para comezar a desenvolver o labor do novo órgano do partido.

“Na anterior CEM, grazas ao traballo e implicación dos e das súas integrantes, conseguimos sacar adiante o 90% do programa que nos propuxemos tres anos atrás. O obxectivo é seguir na mesma dinámica de actividade aproveitando as reunións para proponer liñas de actuación política e unha programación que achegue o partido á cidadanía e viceversa”, expuxo a secretaria xeral dos e das socialistas na cidade, Natalia González.

Así as cousas, neste mes de xullo terá lugar a primeira reunión para planificar a actividade do segundo semestre de 2025 que amplíe os ámbitos de actuación da anterior Executiva. “Debemos continuar innovando para promover a participación na vida activa do partido; tanto da militancia, en particular, como dos e das ourensás, en xeral”, afrimou logo de lembrar exemplos como a participación da Agrupación Municipal nos Maios ou as visitas ás institucións que se realizaron nos tres anos anteriores de funcionamento do órgano baixo a súa dirección.

Todo elo, sen deixar de lado as conmemoracións que xa son tradición para os e as socialistas de Ourense como o Día das Letras Galegas, o aniversario da Agrupación ou o 1 de maio coa ofrenda a Pablo Iglesias Posse. O primeiro acto neste senso que organizará será a homenaxe ao alcalde Manuel Suárez Castro, asasinado polos franquistas en 1937.

Co punto de mira nas eleccións municipais de 2027, tamén se recollerán novas propostas co obxectivo de reforzar o partido e mellorar o programa de cara non só a conseguir uns mellores resultados nas urnas, senón de escoitar e recoller as necesidades e preocupacións da cidadanía.