AS E OS SOCIALISTAS INSTAN AO CONCELLO A QUE RECIBA Á VECIÑANZA DA VEREA VELLA E SEXAN TRANSPARENTES NA INFORMACIÓN SOBRE O SANEAMENTO DE COTO DE CANEDO
“É inadmisible que os veciños e veciñas leven anos abonados, sen respostar ás súas solicitudes de información, nin atender as demandas históricas e agora non teñan acceso a un proxecto que afectará ao acceso ás súas vivendas, ao saneamento dos edificios e ás zonas verdes dos bloques”, manifesta a voceira socialista Natalia González.
Ourense, 21 de agosto do 2025. O Grupo municipal socialista insta ao Concello de Ourense a que reciba aos veciños e veciñas das comunidades de Verea Vella para facilitarlle toda a información relativa ás obras que se realizarán próximamente para a instalación do saneamento do Parque Coto de Canedo e que afectarán a toda a contorna. As e os socialistas solicitan transparencia de información ante unhas obras que os asolarán durante meses nunha zona que supón un enclave estratéxico da cidade tanto para a chegadas dos turistas á estación de tren como para o acceso á zona termal e que está completamente abandonada.
“É inadmisible que os veciños e veciñas da Verea Vella leven anos abonados polo Concello, sen respostar ás súas solicitudes de información, nin atender as demandas históricas e ágora se lles bloquee a información e non teñan acceso a un proxecto que afectará ao acceso ás súas vivendas, ao saneamento dos edificios e ás zonas verdes dos bloques”, manifesta a voceira socialista Natalia González.
Ademáis, os e as socialistas solicitan ao Concello a que se aproveite a realización das obras para a renovación do saneamento e abastecemento dos bloques de edificios afectados, que levan máis de cincuenta anos sen ser renovadas; así como, a mellora da pavimentación e a accesibilidade das beirarrúas, xa que destacan que é unha zona especialmente sensible na que a maioría dos veciños e das veciñas conta con problemas de mobilidade e denuncian que, hoxe en día, os pasos dos que constan son demasiado estreitos. Tamén instan á reordenación e regulación do paramento para os residentes que actualmente está feita un caos e denuncian recintos nos que existe risco de derrumbe ante o paso de vehículos.
TAPIADO EXCAVACIÓN DA “TORRE DE COPASA”
Por outra banda, dende o grupo municipal solicitarán ao Concello a que inste á empresa coa conta licenza de obra na parcela colindante a este grupo de vivendas -COPASA- a que tapie e poña solución á excavación realizada, polo perigo que supón ao atoparse asolagada de auga e que está a convertir a zona nun foco de insectos e insalubridade.

