AS E OS SOCIALISTAS CONFIRMAN QUE A PROMESA DE JÁCOME DE PLANTAR 10.000 ÁRBORES CONTINUARÁ SEN CUMPRIRSE
O proxecto “Ourense, cidade arbolada”, presentado polo Concello co obxectivo de plantar 5.000 árbores, quedou excluído da convocatoria da Fundación Biodiversidad
O Grupo Municipal Socialista solicita a constitución inmediata do Consello Municipal de Medio Ambiente do Concello de Ourense, como espazo de participación e planificación que permita deseñar os pulmóns verdes que a cidade precisa
Ourense, 31 de agosto do 2025. O Grupo Municipal Socialista solicita a constitución inmediata do Consello Municipal de Medio Ambiente do Concello de Ourense, como espazo de participación e planificación que permita deseñar políticas serias, coordinadas e con visión de futuro para crear os pulmóns verdes que a cidade precisa. Faino tras coñecerse que o proxecto “Ourense, cidade arbolada”, presentado polo Concello co obxectivo de plantar 5.000 árbores, quedou excluído da convocatoria da Fundación Biodiversidad. A pesar de contar cunha auditoría e presentar formalmente o proxecto, o Concello non figura entre os beneficiarios, mentres que outros concellos galegos como Vigo ou A Coruña sí foron elixidos.
A voceira socialista Natalia González afirma que “Ourense queda unha vez máis atrás, mentres outras cidades galegas si acceden a fondos europeos para proxectos ambientais serios”. A exclusión desta convocatoria supón os enésimos fondos europeos que o Concello non obtén, perde ou rexeita -a última foi a devolución dos fondos Next para restaurar o edificio da Praza da Trinidade fai soamente unha semana. Esto supón que a cidade quede atrás sin fondos nin financiamento para que avance. Por outra banda, a González sinala que “unha vez máis a propaganda de Jácome quédase en eso, simplemente propaganda baleira e promeses incumplidas cos veciños e veciñas”
En marzo de 2025 solicitouse a subvención para plantar 5.000 árbores e recuperar espazos urbanos degradados. Non obstante, o resultado final da resolución confirma que Ourense non recibirá financiamento, o que significa que o compromiso electoral de 10.000 árbores permanece incumprido.
“A promesa de Jácome de plantar 10.000 árbores segue sen verse: nin se cumpriu nin hai calendario nin recursos dispoñibles.”
“Remata outro verán onde literalmente arde Ourense; as políticas medioambientais do goberno municipal nin están nin se lles espera.”

