Concello de Ourense Mobilidade

As socialistas de Ourense solicitan a exposición pública do novo mapa de liñas de autobuses e un periodo de proba

AS E OS SOCIALISTAS ALERTAN DE QUE A NOVA REFORMA DO TRANSPORTE URBANO ANUNCIADA POLO ALCALDE É UN RECORTE ENCUBERTO DAS LIÑAS 

O Grupo municipal socialista solicita a publicación e exposición pública do novo mapa de liñas e un periodo piloto transitorio para avaliar o servizo e corrrexir deficiencias antes de consolidalo

A voceira socialista, Natalia González, manifesta que “o transporte público é un servizo esencial e debe deseñarse con rigor, transparencia e pensando nas necesidades dos usuarios e usuarias”

Ourense, 2 de septiembre do 2025. O GMS alerta do caos no transporte urbano co novo mapa de liñas de Jácome. A reforma das liñas de autobús urbano anunciada polo alcalde Gonzalo Pérez Jácome, prevista para entrar en vigor o 16 de setembro, supón un recorte encuberto que vai provocar un auténtico caos na mobilidade da cidade en plena “volta ao cole”.

As e os socialistas esiximos no dia de hoxe ao goberno local de DO:

• A publicación inmediata dun estudo técnico serio.

• Un mapa comparativo completo de liñas actuais e novas.

• A apertura dun proceso de participación cidadá.

• Un período piloto transitorio, que permita avaliar e corrixir o servizo antes de consolidalo.

Actualmente, Ourense conta con 27 liñas diúrnas e 2 nocturnas, ás que se engaden servizos especiais. O novo deseño reduce a rede a só 20 liñas, mantendo apenas 3 das actuais. Isto significa unha perda clara de cobertura en barrios e núcleos rurais, deixando a milleiros de veciños e veciñas sen alternativas reais de transporte público.

A maiores, o Concello asegura que se mellorarán frecuencias, pero non haberá máis autobuses nin máis condutores, o que fai imposible garantir un servizo de calidade. Sen reforzo de recursos, é unha promesa irreal que só xera máis desconfianza.

O máis grave é que non existe ningún estudo de necesidades e de demanda que avale esta decisión. Trátase dunha reforma improvisada, sen datos técnicos, sen participación da cidadanía e sen diálogo cos colectivos sociais, veciñais ou laborais.

O transporte público é un servizo esencial e debe deseñarse con rigor, transparencia e pensando na xente.