A comisión executiva do PSdeG-PSOE de Ourense inicia o curso político coa celebración dunha asemblea para poñer en valor os 7 anos de avances do goberno de Pedro Sánchez en ourense
Na Asamblea que se celebrará o vindeiro xoves abordarase os máis de 100 millóns de euros do Goberno investidos en infraestruturas vitáis para os ourensáns e ourensás e os avances sociais traducidos na subida das pensións e do salarios mínimo interprofesional así como a equiparación dos permisos de maternidade.
Tamén se concretaron na reunión da CEM actividades programadas ao longo do mes como a celebración do seu 129 aniversario e o inicio do ciclo “Conversas na Casa do Pobo”
Ourense, 6 de setembro de 2025. A Comisión Executiva Municipal do PSdeG de Ourense celebrou este martes a súa primeira reunión para poner en marcha o inicio de curso político na que se aprobó a celebración ducha asamblea extraordinaria para poñer en valor os avances producidos na cidade ao longo dos últimos 7 anos de Goberno progresista en España.
Na Asemblea que se celebrará o vindeiro xoves abordaranse os máis de 100 millóns de euros do Goberno investidos en infraestruturas vitáis para os ourensáns e ourensás e os avances sociais traducidos na subida das pensións e do salario mínimo interprofesional; así como a equiparación dos permisos de maternidade.
Por outra banda, na reunión ordinaria da Comisión Executiva Municipal concretáronse ademais as actividades programadas ao longo de todo o mes de setembro, que inclúen, entre outras, actos coma a celebración do 129 aniversario do seu nacemento e que se centrará nas figuras dos dous alcaldes socialistas do franquismo: SECUNDINO COUTO e MANUEL SUÁREZ; ademais celebrarase a primeira das charlas “Conversas na Casa do Pobo” coas que os socialistas dinamizarán a Casa do Pobo expoñendo temáticas de actualidad con diferentes expertos e profesionais da materia.

