Concello de Ourense

Rexistramos as nosas propostas para a nova rede de buses e esiximos a Jácome a súa paralización para atender á veciñanza

O grupo municipal socialista do Concello de Ourense vén de rexistrar, logo de manter un encontro coas asociacións de veciños e veciñas e as entidades sociais da cidade, as súas propostas para a modificación da nova rede de transporte urbano anunciada polo alcalde. 

Entenden que os cambios adolecen de problemas de deseño nos que a intención de unificar trazados e concretar servizos deriva en itinerarios innecesariamente extensos que comprometen a eficiencia operativa e fiabilidade do servizo ao tempo que penaliza barrios periféricos e o acceso a servizos públicos educativos, sanitarios e sociais.

UN TRANSPORTE MODERNO, ACCESIBLE E INCLUSIVO

A posta en marcha da nova rede de autobuses está a xerar un profundo malestar en Ourense.

Improvisar un cambio masivo sen estudos previos, probas piloto e sen escoitar á cidadanía xera unha alarma social innecesaria. Coa nova rede moitas veciñas e moitos veciños descoñecen qué liña deben empregar para chegar ao seu posto de traballo, como van a asistir a clase os seus fillos e as súas fillas ou como asistirán as súas citas diarias, destacando entre as máis importantes a asistencia aos centros de saúde. 

Esta falta de información, de explicacións e de axuda, xera incertidume e preocupación e o transporte público debe ofrecer confianza, claridade e seguridade, non o contrario.

A improvisación, que caracteriza o xeito de proceder do actual goberno municipal, neste caso ten consecuencias directas na vida cotiá da veciñanza: zonas que perden cobertura, frecuencias pouco realistas, ausencia de información na rúa e nas paradas e un arranque sen fases que pode ocasionar caos ante a súa implantación simultánea en nun mes cunha elevada frecuencia de viaxeiros como é setembro, advertíndose riscos claros sobre frecuencias reais, cobertura e degradación do servicio nos barrios periféricos.

Dende o Grupo Municipal Socialista consideramos imprescindible rectificar: antes de impoñer cambios de tal magnitude é necesario informar con claridade á cidadanía e realizar probas piloto porque solo así conseguiremos un sistema de transporte moderno, eficiente e útil para todas.

6 pasos para unha mobilidade real e un transporte moderno, accesible e inclusivo

Primeiro.- Escoitar e probar, antes de impoñer

Execución de probas piloto nas liñas máis sensibles con análise real de frecuencias e ocupabilidade acompañadas de seguemento con enquisas veciñais e reunións con colectivos

Segundo.- Garantir un servizo público digno e accesible con frecuencias mínimas de 15´ nos eixos centrais e 30´nos barrios, cobertura para zonas sensibles como hospital, centros de saúde, centros educativos e barrios periféricos, con reforzo en horas punta e avaliación anterior a súa posta en marcha das necesidades reais de cada zona.

Terceiro.- Información clara e en tempo real

Segundo os itinerarios publicados (que están sendo modificados sobre a marcha dende o anuncio formulado polo Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome), existe unha perda de cobertura directa, coa obrigatoriedade de transbordos, o que penaliza especialmente a persoas con mobilidade reducida e a barrios periféricos polo que se deben introducir as seguintes melloras de implementación urxente:

  • Transbordos diarios de balde con e sen tarxeta
  • Información en tempo real: Ata que non actualicen o GTFS, os usuarios estarán a cegas. Xeolocalización, seguimento en tempo real, QRs, Pantallas en funcionamento e APLICACIÓN MÓBIL.
  • Pago con QR, Tarxeta Metropolitana de Galicia, Xente Nova e tarxeta bancaria
  • Actualización do sistema de pago á maior brevidade permitindo o pago na parte traseira do autobús para eliminar a problemática que sofren as persoas con cadeira de rodas e ou carriños de bebé que non poden acceder pola porta principal.
  • Garantir que a información nas paradas sexa accesible para persoas con discapacidade visual e poner en marcha o sistema de audio que anuncie as paradas e as liñas en todos os autobuses

Cuarto.- Compensación e corrección de conexións

  • Dende a data da implantación estipular un periodo de 3-6 meses, dacordo coa avaliación técnica na que se realice unha análise de queixas, experiencias, recomendación, frecuencias reais e tempos de viaxe, puntos negros e problemas de cobertura e o estudo da compensación de frecuencias: para barrios periféricos, crear reforzos con microbuses eléctricos ou lanzadeiras.

Quinto.- Bonificacións:

  • Atención ás familias numerosas, colectivo con alta mobilidade diaria e necesidades específicas de bonificación no uso do transporte urbano. 
  • Creación dunha tarifa ou tarxeta familiar con descontos do 30% ao 50% para familias xerais e ata a gratuidade para aquelas en situación de vulnerabilidade ou circunstancias específicas
  • Estender a gratuidade do transporte urbano a nenos e nenas ata os 14 anos, fomentando o uso do transporte público desde a infancia. 

Sexto.- Inclusión e accesibilidade:

  • Campaña de formación ás persoas traballadoras do servizo 
  • Asistencia persoal e presencial nas paradas con formación en persoas con diversidade funcional
  • Campaña divulgativa con mapas nos que se inclúan os cambios e as novas posibilidades de conexión, prestando especial atención aos centros e zonas máis sensibles 

Ninguén está en contra de mellorar o trasporte urbano, de feito, é a nosa obriga facelo, estamos en contra de facelo mal.

Queremos un cambio útil, planificado e participado porque Ourense merece un transporte público á altura da súa xente.

Queixas concretas detectadas tras unha avaliación coa veciñanza

A reforma presentada como “modernización” unha redución encuberta da calidade do servizo para a maioría da poboación, especialmente para as persoas traballadoras, estudantes e xente maior, que a fin de contas son as que empregan o transporte urbano e unha discriminación en barrios cunha elevada densidade de poboación, sen ter en conta en ningún momento as circunstancias particulares de cada zona da cidade e as súas necesidades reais.

Barrios poboados como O Couto, Mariñamansa, A Ponte ou Seixalbo perden servizo en frecuencias e conexión, redúcense as frecuencias, con tempos de agarda que se duplican e a periferia debe conformarse cunha cobertura prácticamente simbólica. Analizando as inquedanzas máis polo miudo queremos facer chegar as principais eivas detectadas, que non as únicas, para que se proceda ao seu estudo, avaliación e búsqueda de solucións o máis axeitadas posibles e nas que prime a mellora da mobilidade e o servizo público de autobús.

📍 Barrios centrais e próximos: perda de densidade con incremento dos tempos de espera e eliminación de conexión directas

  • Parque da Ponte → Eliminación da metade de servizo o que implica que un barrio limítrofe co centro perde parte da súa conectividade directa. 
  • O Couto → Perda de intensidade (15’→30’) e perde conexións directas, mantendo sólo unha liña na que se eliminan paradas e o tempo de espera pasa de 15 a 30 minutos.
  • Centro (San Lázaro, Alameda, Progreso)  Mantense o paso pola arteria centro pero se pasa de 5´a 30´o que fai que non se perda cobertura pero sí intensidade o que cuadriplica o tempo de espera e incrementa as aglomeracións en paradas que non contan co mobiliario necesario para resguardarse das inclemencias do tempo non inverno ou no verán, ao non dispor de marquesinas nin en Juan XXIII nin na rúa progreso  
  • Mariñamansa/Universidade → perde intensidade (15’-20’→30’) cun maior tempo de agarda. E menos flexibilidade horaria afectando aos estudantes de ámbalas dúas zonas da cidade e as traballadoras das áreas

Proponse a recuperación das liñas eliminadas na zona do Couto, a remodelación en horarios e frecuencias na Ponte, a mellora de densidade na zona centro cun tempo medio de 15´-20´ e a duplicidade de cobertura na liña Mariñamansa Universidade que dea cobertura ás primeiras horas da mañá e ao remate do horario lectivo dos centros de ensinanza.

📍 Barrios periféricos: Perda de cobertura, densidade, conexión, eliminación de frecuencias, liñas e paradas

  • Mende → queda prácticamente sen servicio cun carácter residual de só 4 viaxes ao día, practicamente incompatible con horarios laboráis e ou académicos
  • Seixalbo → Perde cobertura, quedando limitado a L3 e L4, con menos directos ao centro e menos flexibilidade e integrado principalmente na L3 Santa Cruz – Cumial, que pasa por Mariñamansa, Avda. Universidade, Tanatorio e Seixalbo, cunha frecuencia de 30 minutos e- L4 Tanatorio As Burgas – Antiga Estación de Autobuses, que tamén toca parte da zona (Estrada Seixalbo, Ford, Carbonería), igualmente a 30 minutos. 

As conexións directas co centro son agora menos frecuentes e indirectas, con dependencia de transbordos ou rodeos.

  • Palmés / Castro de Beiro → gañan estrutura cunha liña fixa (L13), pero só cada 60’, o que segue sendo insuficiente para a mobilidade laboral e académica. 
  • Velle → Zona moi damnificada cunhas frecuencias na L9 cada 90’ (que as fines de semana se dilata ata as 3h) e L10 cada 40’ e percorridos confusos que pasan varias veces pola mesma parada impedindo que o autobús sexa unha alternativa real ao vehículo privado.
    • Débese prestar especial atención nesta área a que servizos públicos como o CEE Miño, e instalacións deportivas como o campo de fútbol de Velle e especialmente na asociación ASPANAS que quedan aillados sen conexións, nin frecuencias. 
  • Cudeiro.- Perde a cabeza de liña e esixe a súa recuperación para manter a puntualidade e evitar esperas inncesarias.
  • Eirasvedras / Tarascón → perde intensidade (20’→40-45’), maior tempo de agarda é menor servizo. Antes: dispoñían de servicio cada 20 minutos e agora a frecuencia sube a 40/45 minutos. 

Propoñen engadir outro bus na mesma liña (en sentido contrario) para realmente reducir tempos e optimizar o servizo. 

  • Viso / Santa Mariña → gañan unha nova liña cada 30’ (L11) pero perden flexibilidade para conexión rápida co centro.
  • Especial problemática no barrio do Pino pola imposibilidade de conexión con centros educativos e a ausencia de reforzos matinais para estudantes, nin a implementación de puntos de alta demanda como a UNED que segue illada.
  • Vistahermosa / Vistahermosa Vella / Reza: Perda de frecuencias e conexión e ausencia de melloras no acceso a servizos básicos, especialmente ao centro de saúde do Couto.

Campus e servizos públicos 

O servizo de transporte urbano afecta a todo tipo de sensibilidades, dende persoas con discapacidade, a familias, menores, estudantes e traballadoras e traballadores, por non falar da xente maior, veciños e veciñas da cidade e ningún deles foi escoitado e as súas necesidades atendidas.

  • Campus universitario → Sen servizo. Un gravísimo déficit nunha cidade universitaria, que obriga a optar por unha mobilidade en vehículo privado
  • Residencia de maiores (As Termas – Santa Mariña) → a L3 Santa Cruz – Cumial e a L15 deixan sen conexión directa a moitos traballadores e visitantes. 
  • Queixas de colectivos sociais, como Down Ourense, que perde conexión na súa ubicación, elexida específicamente para evitar este feito, para os traballadores e traballadoras do centro e máis grave aínda para as usuarias e os uuarios do mesmo que ademáis de ver limitada a súa conectividade non dispoñen dos medios de asistencia e axuda para apoiarse nas novas liñas, transbordos e opción, das que nin foron informados nin van ter asistencia. É por iso que esixen un apoio inicial con formación suficiente aos traballadores da empresa e persoal de asistencia e información sobre paradas e traxectos e a súa identificación e sinaléctica accesible para todas e todos xa que a proposta de modificación en nada beneficia a accesibilidade ou implica ás persoas con algún tipo de diversidade funcional e ou mobilidade reducida que simplemente ven incrementada a súa fenda con respecto a un servizo público.

Especial problemática no CHUO

Un dos colectivos máis perxudicados pola nova reorganización son as traballadoras e traballadores do CHUO: os novos itinerarios e horarios non garanten que o persoal sanitario e non sanitario poida chegar a tempo aos relevos de quenda, especialmente en domingos e festivos:

  • Os cambios de quenda no hospital son ás 8:00, 15:00 e 22:00 horas, sendo imprescindible a chegada polo menos con 15-30 minutos de antelación para realizar a transmisión de incidencias.
  • Coa rede proposta, non existe ningunha nova liña que chegue ao hospital antes das 7:50h en domingos e festivos, obrigando a desprazarse andando ou a recorrer a vehículos privados.
  • Os intervalos de paso nalgunhas liñas son de 30 a 90 minutos, o que fai inviable a chegada coordinada cos horarios hospitalarios.
  • A cobertura desaparece en horarios clave de saída de traballadores, como as 22:15h, quedando sen alternativa de transporte público.

Demandas concretas para o CHUO:

  1. Garantir como mínimo unha saída directa que chegue ao CHUO antes das 7:50h todos os días, incluídos domingos e festivos.
  2. Establecer saídas coordinadas cos cambios de quenda (7:30-7:50h; 14:30-14:50h; 21:30-21:50h).
  3. Ampliar horarios de volta para cubrir as saídas de traballadores e traballadoras despois das 22:00h.
  4. Reforzar frecuencias en liñas con alta demanda de persoal hospitalario, evitando tempos de espera de máis de 15-20 minutos.

A ausencia destas conexións directas ao hospital compromete non só o dereito á mobilidade do persoal sanitario e non sanitario, senón tamén a seguridade asistencial da cidadanía de Ourense, ao dificultar a chegada puntual a un servizo esencial.

📍 Liñas problemáticas por deseño 

. L1A (Instituto Berrocás) → Ausencia de cobertura para actividades académicas, polo que se propón retrasar a saída ás 7.30 e as fines de semana ás 7.50h así como en festivos para garantir a conexión co hospital.

• L8 (Eirasvedras – Residencia) → Demasiado extensa, obriga a facer transbordos, complicando a mobilidade e a mellora da conectividade. Proponse a súa segmentación en 8A e 8B para evitar transbordo obrigatorio e un incremento de frecuencias reducindo a 20´o tempo máximo de espera en horas punta.

• L7 (Covadonga – A Valenzá) → A un percorrido excesivamente longo súmase que a parada fin de traxecto ubícase na entrada da Valenzá, non no núcleo, reducindo a súa utilidade.

• L9 (Polvorín – Velle) → ademais da frecuencia ridícula nas fines de semana, ten un trazado incoherente con paradas que se repiten

• L13 (Palmés – Cuña) → xorden dúbidas sobre se dará cobertura axeitada ao centro de saúde da Ponte, clave para moitos veciños. 

📍 Servizos especiais

• MouchoBus (L14) → perde cobertura respecto da rede nocturna anterior, e o traxecto resulta máis longo e pouco práctico. Hai paradas, como é o caso da Ponte que deberían ser modificadas pola súa ausencia de iluminación e seguridade para as mozas e os mozos polas noites que se manteñen, a pesar da súa ineficacia.

O servizo de Moucho bus perde unha oportunidade de ampliar frecuencias e horarios e de achegarse a barrios como Seixalvo e O Pino que demandan o servizo dende hai anos pola elevada densidade de xente moza na zona, sen ser escoitados.

• Tren das Termas (L15) → pensado para turismo/ocio, pero sen utilidade para a mobilidade diaria.