Concello de Ourense

Propoñemos ao Concello unha campaña de concienciación sobre o uso de bicis e patinetes eléctricos

As e os socialistas de Ourense propoñen ao concello a posta en marcha dunha campaña de concienciación sobre o uso de bicicletas e patinetes eléctrico

Desde o Grupo Municipal Socialista critican que, ata agora, as única medida presentada polo Concello para esta Semana da Mobilidade son a gratuidade do transporte urbano e a posta en funcionamiento dos radares e as cámaras de vigilancia do casco histórico, dúas medidas que, segundo os socialistas, “practicamente xa existe grazas ás axudas do Goberno de España nos últimos anos”.

As socialistas defenden que “Ourense necesita accións máis ambiciosas e concretas para fomentar unha mobilidade segura, sostible e inclusiva” na que non importe a túa idade, capacidade física ou o barrio no que residas.

Ourense, 14 de setembro de 2025. O Grupo Municipal Socialista anuncia a súa proposta para que o Concello poña en marcha unha campaña de concienciación sobre o uso responsable de bicicletas e patinetes eléctricos, co obxectivo de mellorar a convivencia no espazo urbano e reducir situacións de risco para peóns e usuarias e usuarios con motivo da celebración da Semana Europea da Mobilidade e do Día da Bici; e levarán a iniciativa ao pleno do vindeiro mes de outubro.

As socialistas propoñen que a campaña se desenvolva en colaboración con centros educativos, asociacións veciñais e colectivos ciclistas, para acadar unha maior difusión e impacto, e que se acompañe con reforzo da sinalización e acción preventiva da Policía Local.

A campaña centraríase en lembrar que:

• As beirarrúas son un espazo exclusivo para os peóns.

• Os patinetes e bicicletas deben circular pola calzada e cumprir as normas de tráfico.

  • É obrigatorio o uso de casco e está prohibido conducir baixo os efectos do alcohol ou as drogas, así como levar auriculares ou usar o móbil durante a condución.

“É fundamental reforzar a información e a concienciación, porque moitas veces as infraccións non se producen por mala fe, senón por descoñecemento”, sinalan desde o grupo municipal.

Desde o Grupo Municipal Socialista critican que, ata agora, a única medida presentada polo Concello para esta Semana da Mobilidade son a gratuidade do transporte urbano e a posta en funcionamiento dos radares e as cámaras de vigilancia do casco histórico, dúas medidas que, segundo os socialistas, “practicamente xa existe grazas ás axudas do Goberno de España nos últimos anos”.

Os socialistas defenden que “Ourense necesita accións máis ambiciosas e concretas para fomentar unha mobilidade segura, sostible e inclusiva” na que non importe a túa idade, capacidade física ou o barrio no que residas. O compromiso das socialistas de Ourense é de que cada ourensá e ourensán, sen excepción, poda desplazarse de xeito saudable e asequible”, engade Natalia González.

“O noso obxectivo é claro: fomentar unha mobilidade segura e sostible, mellorar a convivencia na cidade e protexer tanto a quen utiliza patinetes e bicicletas como a quen se despraza a pé. A Semana da Mobilidade e o Día da Bici son o momento idóneo para dar un paso adiante e comprometerse cunha Ourense máis amable e respectuosa”, conclúe a voceira municipal