Executiva municipal de Ourense ourense PSdeG

Celebramos o 129 aniversario da Agrupación Municipal lembrando a Manuel Suárez e Secundino Couto

A AGRUPACIÓN LOCAL DO PSDEG DE OURENSE CELEBRA O SEU 129 ANIVERSARIO LEMBRANDO ÁS FIGURAS DE MANUEL SUÁREZ E SECUNDINO COUTO

O acto terá lugar este venres, 19 de setembro, ás 20:00 horas na sede do partido e a entrada será de balde ata completar aforo

Intervirán a secretaria xeral do partido na cidade, Natalia González, o secretario de Memoria Democrática da Executiva Municipal do PSdeG, Javier Quintas, e o seu homólogo na Executiva Provincial, Xosé Lois Carrión

Ourense, 17 de setembro de 2025. A Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense celebra o seu 129 aniversario o vindeiro venres, 19 de setembro, cunha lembranza a Manuel Suárez e Secundino Couto, ámbolos dous alcaldes socialistas (o primeiro do Concello de Ourense e o segundo do Concello de Canedo).

No acto, que terá lugar na sede do partido ás 20:00 horas, intervirán a secretaria xeral dos e das socialistas na cidade, Natalia González, o secretario de Memoria Democrática da Comisión Executiva Municipal do PSdeG, Javier Quintas, e o seu homólogo na Comisión Executiva Provincial, Xosé Lois Carrión.

Nesta ocasión, ademais de recordar a creación e o xérmolo da agrupación política, tamén se enxalzará a figura de dúas persoas imprescindibles para os e as socialistas de Ourense, en particular, e para a historia da propia cidade.