O PSDEG-PSOE DE OURENSE CONSTITÚE A SÚA COORDINADORA COMARCAL EN CELANOVA, QUE ESTARÁ DIRIXIDA POR JESÚS PEREIRAS, E QUE TRABALLARÁ PARA REFORZAR O PARTIDO NA BISBARRA
As e os socialistas proseguen deste xeito o seu traballo orgánico ao longo da provincia co obxectivo de “reforzar o partido comarca a comarca ca vista posta nos comicios electorais do ano 2027”
Dende a Executiva Provincial destacan que estas reunións “estannos servindo para revitalizar o partido en cada bisbarra e serán claves a hora de formar candidaturas gañadoras de cara aos comicios municipais que se celebrarán en maio de 2027”
Celanova, 3 de outubro do 2025. O PSdeG-PSOE de Ourense vén de organizar unha reunión en Celanova con representantes do partido na bisbarra, na que quedou constituída a coordinadora comarcal, que estará dirixida por Jesús Pereiras Vázquez, voceiro socialista no concello de Cartelle. As e os socialistas proseguen deste xeito o seu traballo orgánico ao longo da provincia co obxectivo de “reforzar o partido comarca a comarca ca vista posta nos comicios electorais do ano 2027”.
Na reunión estiveron presentes o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo; o secretario de organización, Antonio González Fiuza; e a secretaria de política municipal, Susana Rodríguez Estevez; que participaron no encontro en representación da Executiva Provincial. O acto contou coa presencia de representantes dos concellos que conforman a bisbarra como Celanova, Cartelle, Ramirás, Pontedeva, Padrenda ou A Merca.





As e os socialistas aproveitaron a reunión para escoitar as inquedanzas e suxestións dos cargos orgánicos e políticos do partido na bisbarra e analizar a situación política na mesma e as necesidades de cara ao futuro. Neste senso apuntan que “é prioritario traballar sobre o terreo, escoitando a nosa xente, mobilizando as nosas bases e procurando a chegada de novos militantes, ademais de fomentar o diálogo e o debate coa veciñanza e o resto de axentes sociais”.
Dende a Executiva Provincial destacan que estas reunións “estannos servindo para revitalizar o partido en cada bisbarra e serán claves a hora de formar candidaturas gañadoras de cara aos comicios municipais que se celebrarán en maio de 2027”. Asemade apuntan que o partido fixouse como meta “aumentar o número de alcaldías, mellorar os resultados electorais, reforzar o partido por concellos e bisbarras e formar as candidaturas máis potentes e sólidas posibles para acadar o obxectivo”.
En relación á bisbarra de Celanova, o PSdeG-PSOE de Ourense destaca que “estamos ante unha comarca que entra en xogo no partido xudicial de Ourense e na que é moi importante aumentar a nosa representación. Cabe lembrar que arestora gobernase en Ramirás, cogobernase en Celanova e tense representación nos concellos da Merca, Cartelle, Pontedeva e Padrenda. “Queremos mellorar os resultados concello a concello, conseguir representación en municipios como Gomesende, Quintela de Leirado ou a Bola e aumentar o número de alcaldías e concelleiros na bisbarra”.

