A AGRUPACIÓN MUNICIPAL DO PSDEG DE OURENSE ORGANIZA UN ENCONTRO, ABERTO Á CIDADANÍA, CON BELÉN CODINA PARA ABORDAR OS RETOS PENDENTES DE ESPAÑA A NIVEL SANITARIO
O acto terá lugar o venres, na sede do PSOE da cidade, ás 20:00 horas e con aforo libre ata completarse
Abordaranse diferentes aspectos, dende o eido científico, como se realmente o sistema público está preparado no caso de ter que afrontar unha nova crise sanitaria, como inflúe o cambio climático na saúde ou a actual reforma da Lei Antitabaco
Ourense, 7 de outubro de 2025. A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense celebrou a súa reunión mensual ordinaria para abordar a planificación da actividade da agrupación local dos vindeiros meses de outono.
O primeiro dos actos programados será un encontro con Belén Codina, profesional cunha extensa traxectoria de máis de 20 años no sector da saúde, tanto en xestión pública, como en consultoría e na industria farmacéutica. Entre outros cargos, ocupou o de asesora técnica do Embaixador en Misión Especial para a Crise Internacional da COVID-19 e a Saúde Global no Ministerio de Asuntos Exteriores e o de coordinadora da Alianza UE-LAC Saúde na Fundación CSAI do Ministerio de Sanidade, colaborando estreitamente coa AECID e a Comisión Europea para o fortalecemento dos sistemas de saúde.
Durante o acto, aberto ao público ata completar aforo, abordaranse diferentes aspectos, dende o eido científico, como se realmente o sistema público está preparado no caso de ter que afrontar unha nova crise sanitaria, como inflúe o cambio climático na saúde ou a actual reforma da Lei Antitabaco.
Ademais, a Comisión Executiva Municipal ten por diante un mes de outubro cunha axenda transversal na que se inclúe o partido para recadar fondos contra o cancro de mama, que terá lugar en Oira o xoves 19 e no que participarán varias mulleres da agrupación local; ou as IV Xornadas LGBTI Ourense por Bandeira que se coorganizan con Xuventudes Socialistas e se celebrarán a final de mes.


