MANUEL CRUZ IMPARTE UNHA CONFERENCIA MAXISTRAL EN OURENSE SOBRE A ECLIPSE DAS ILUSIÓN NO MUNDO ACTUAL E NA QUE PARTICIPARON CENTOS DE OURENSÁNS E OURENSÁS
Manuel Cruz disertou durante a súa intervención sobre diferentes temas relacionados cas últimas décadas, facendo fincapé en que “é cada vez máis frecuente que as grandes visións do mundo dominantes ao longo da modernidade se vexan completamente descualificadas co argumento de que todos os intentos por materializar os seus ideais saldáronse con inequívocos fracasos”
O filósofo tamén puxo o foco en que a primeira que recibiu este reproche “foi a que se pode cualificar como a esquerda da ilustración, directamente cuestionada polo afundimento da forma política máis importante que adoptou o século XX, no seu momento denominado socialismo real”
Ourense, 9 de outubro do 2025. O Teatro Principal de Ourense foi escenario da conferencia “A eclipse das ilusións no mundo actual”, impartida polo filósofo e ex presidente do Senado, Manuel Cruz e que contou coa presencia de centenares de ourensáns e ourensás que non quixeron perderse este coloquio organizado polo PSdeG-PSOE de Ourense.
Manuel Cruz disertou durante a súa intervención sobre diferentes temas relacionados cas últimas décadas, facendo fincapé en que “é cada vez máis frecuente que as grandes visións do mundo dominantes ao longo da modernidade se vexan completamente descalificadas co argumento de que todos os intentos por materializar os seus ideais saldáronse con inequívocos fracasos”.
O filósofo tamén puxo o foco en que a primeira que recibiu este reproche “foi a que se pode cualificar como a esquerda da ilustración, directamente cuestionada polo afundimento da forma política máis importante que adoptou o século XX, no seu momento denominado socialismo real”. Asemade apuntou que “o fracaso representado pola caída do Muro de Berlín non deixaron de sucederlle outros, a súa vez de diverso signo como guerras, contrarrevolucións, violacións dos dereitos humanos, desastres ecolóxicos ou crises económicas, todos tinguidos de parecida negatividade dende o punto de vista da emancipación”.






“O resultado foi que tamén remataron cuestionadas aquelas visións do mundo que se crían aínda a salvo da refutación, como o liberalismo, incapaz de xerar unha sociedade mellor, nun lugar moi destacado”, subliñou Manuel Cruz. O ex presidente do Senado e actual senador socialista tamén afirmou que “no seu conxunto, a totalidade de tales fracasos non fixo máis que asentar no imaxinario colectivo unha dobre sensación, a de que nin as ferramentas teóricas herdades nos permiten entender a realidade social, nin atinamos coa forma adecuada de relacionarnos con ela”.
Manuel Cruz tamén puxo o foco en que “antano nos críamos capaces de ambas cousas, o que explica que, por contraste, agora tendamos a representar a nosa situación presente en termos de derrota”. O acto tamén deu pé a intervencións e preguntas por parte do público, que se mostrou moi participativo e interactivo co poñente durante varias fases da conferencia nas que tamén houbo tempo para falar de política e do seu papel ao fronte do Senado e no PSC.

